Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
17/10/2020 | Acertos e Desastres 2009
Carta da Presidenta da Delegación de Lugo do COAG
Asunto: Concurso de Proxectos con Intervención de Xurado para a Redacción de Proxecto, Dirección de obras e Traballos de Seguridade e Saúde do Centro de Servizos Avanzados e Estudo de Detalle da Rehabilitación da Fábrica de Armas para a Cidade das TIC
Prezadas compañeiras e compañeiros,
Ante a falta de comunicación sobre as accións realizadas polo COAG ao respecto do Concurso da Cidade das TIC, véxome na obriga de contárvolas eu mesma, porque o Colexio é voso e merecedes que esteamos ao voso carón na defensa dos nosos dereitos e da nosa profesión. Dende esta delegación queremos que sexades debidamente informados das accións que éste fai na súa obriga de exercer dita defensa.
O venres 18 de setembro o COAG recibiu solicitude para designar un representante do COAG no Xurado deste concurso, indicándosenos como data límite para trasladar o nomeamento, o mércores 23 (cinco días, tres laborables).
Ese mesmo fin de semana dous membros de Xunta de Governo do Colexio estudaron o prego, o luns e o martes o estudaron os servizos xurídicos e técnicos e, unha vez feito dito estudo, tomouse a decisión de: Non enviar representante do COAG ao Xurado, por considerar que non cumpría unhas condicións xustas de Solvencia, Prazos, Premios, etc… para os Participantes, e pedir a Entidade Convocante que tivera en conta as nosas demandas.
O mércores 23, o Colexio envía carta á entidade convocante comunicando a decisión tomada, motivando pormenorizadamente as razóns de dita decisión. Na mesma carta se lles pedíu que tiveran en conta as demandas do COAG pero a entidade convocante, lamentablemente non atendeu á petición, publicando o concurso con idénticas condicións ás iniciais.
Tamén queremos informarvos de que, dado que a entidade que promove o concurso non é estrictamente pública, O COAG non pode presentar alegacións as bases do mesmo.
Como dicía ao comezo desta carta, ante a ausencia da comunicación desta información, véxome na obriga de vos trasladar esta información directamente ás compañeiras e compañeiros que formamos o colectivo e que somos o Colexio.
Sinceramente,
Carmen Figueiras Lorenzo
Presidenta da Delegación de Lugo do COAG
P { margin-bottom: 0.21cm }
Aún no existen comentarios para esta noticia. Crea el primero completando el formulario siguiente.
Se ha enviado el comentario correctamente. Todos los comentarios son moderados antes de ser publicados. Gracias.