Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

23/01/2010 | Cursos

Curso: Corredores naturais e rutas verdes

O proxecto e+s miño

O proxecto e+s miño está financiado polo Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad para promover o aproveitamento sostible dos recursos naturais, a mellora do emprego, e favorecer a creación de empresas vinculadas aos recursos locais e a modernización ambiental das empresas existentes.

Curso Corredores naturais e rutas verdes

Obxectivos
Estimular a creación de iniciativas de turismo verde, identificando e facendo unha diagnose dos servizos e oferta de novos produtos.

Destinatarios
Traballadores, profesionais autónomos, empresarios, agricultores, e gandeiros dos concellos da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Programa

  • ¿Que son os corredores naturais e as rutas verdes?
    • Definición de corredor natural
    • Definición de rutas verdes e vías verdes
    • Principais características
  • Os corredores naturais e as rutas verdes en Galicia
    • A importancia dos recursos naturais para Galicia
    • Os espazos naturais de Galicia
  • Cara a un desenvolvemento sostible da provincia de Lugo. Terra do Miño e Terra Chá
    • O papel do turismo como dinamizador da economía
    • O marketing social
    • A importancia da planificación para o desenvolvemento sostible do destino
    • O coñecemento do destino
  • Implicación dos axentes territoriais no desenvolvemento sostible
    • Os principais axentes territoriais
    • A importancia da colaboración público-privada
    • O nivel formativo dos axentes implicados
  • A infraestructura turística
    • Os aloxamientos
    • A restauración e os comercios
    • Sector empresarial clave nos destinos naturais: a oferta de actividades, a través de empresas de turismo activo
    • A infraestrutura informativa
    • O papel do sector público no desenvolvemento turístico
    • O destino como un sistema integral
  • A planificación sostible: coñecemento das necesidades do mercado
    • As novas tendencias da demanda d século XXI
    • Metodoloxía para coñecer o mercado
    • A nova realidade turística: a oferta é superior á demanda

Matrícula gratuita

Datas: 1-2-3 e 22-23-24 de febreiro

Horas:
Días 1 e 22 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
Días 2,3,23 e 24 de 10:00 a 14:00

Duración: 30 horas

Lugar: Escola Habaneira de Guitiriz e lugares de visita na área de Terras do Miño.

Inscrición