Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

29/01/2010 | Circulares

Circular 2. Lugo. Activación do programa de asistencia a redacción de informes ITE.

A partir do xoves 28 de xaneiro todos os que realizaron o curso de Inspección Técnica de Edificios de  Lugo e aqueles que o solicitaron posteriormente poden retirar da Delegación a súa copia do software de asistencia a redacción de informes ITE especialmente editado para a ordenanza do Concello Lugo.

 

Recórdase os colexiados que cada contrato de licenza do programa inclúe  2 licencias de instalación polo que o programa poderá ser instalado en 2 dous ordenadores diferentes.

Unha vez teña instalado o software no seu ordenador e intente arrancalo por vez primeira apareceralle un cadro de diálogo onde introducir os datos de rexistro (a clave). Deberá poñerse en contacto coa Delegación do COAG a través do seguinte enderezo de correo electrónico:

 

ite.lugo@colexiodearquitectos.org

 

debendo indicar os seguintes datos:


                                                                                              DATOS PERSOAIS

 

Nome:

Nº de colexiado:

 

                  PROGRAMA (aparecen unha vez arrinque o programa xa instalado)

 

Nº de PC:

Nº de Licencia:

 

 

A maior brevidade seralle devolto un mail de resposta indicándolle a clave que debe introducir nos Datos de Rexistro do programa e así este quedará activado.

 

IMPORTANTE: Cando desexe desinstalar o programa, deberá introducir unha clave de desinstalación que lle será facilitada do mesmo xeito que a de activación. Deberá poñerse en contacto coa Delegación a través da mesma dirección de mail  indicando os datos persoais e solicitando a clave para poder desintalar o software e non perder o dereito a unha das 2 licenzas das que dispón cada CD.

ver a circular 2