Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

30/03/2010 | Cursos

Curso de modelización e prácticas experimentais para a certificiación enérxetica de edificios

OBXECTO DO CURSO
Capacitar aos profesionais da edificación no manexo dos programas informáticos de referencia relacionados coa eficiencia enerxética: LIDER, CALENER VYP E CALENER GT, mediante métodos experimentais e resolución de casos prácticos

DIRIXIDO A
- Profesionais relacionados co deseño e verificación de sistemas relacionados co consumo de enerxía en edificación, particularmente arquitectura, sistema de climatización, iluminación e enerxías renovables.
- Estudantes de últimos cursos e posgrao en Escolas de Enxeñerías (Superior e técnica) e Arquitecturas (Superior e técnica).

REQUISITOS PARA A ADMISIÓN
- Dereitos de inscrición: 60 €
- Dispor dun ordenador portátil que cumpra os requirimentos asociados ao uso dos programas de referencia(*)
- Acreditar mediante CV actualizado os coñecementos indicados anteriormente.

CALENDARIO DE IMPARTICIÓN
O curso constará de 36 horas lectivas e será impartido en diversas cidades de Galicia en 9 xornadas de tarde (16:00 a 20:00), nos lugares indicados a continuación (pendentes de confirmación):

Lugo do 08/06 ao 24/06.

inscripción