Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

30/04/2010 | Empleo

Remata hoxe o prazo de presentación de solicitudes para á contratación do servicio de asesoramento e coordinación da Oficina de Rehabilitación do A.R.I. de Quiroga

Na solicitude só é preciso identificar ao solicitante e manifestar o desexo de ser consultado. Vistas as solicitudes de participación, o Concello solicitará ofertas a, alomenos, tres empresas capacitadas para a realización do obxecto do contrato.

As ofertas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Quiroga, (Rúa Real, 52 – 27320 - Quiroga), en horario de atención ao público, dentro do prazo indicado na cláusula II.
As proposicións poderán presentarse en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Cando as proposicións se envíen por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, consignándose o número do expediente, título completo do obxecto do contrato e nome do licitador.
A acreditación da recepción do referido télex, fax ou telegrama efectuarase mediante dilixencia estendida no mesmo polo Secretario municipal.
Cada licitador non poderá presentar máis dunha proposición. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figurase en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas.
A presentación dunha proposición supón a aceptación incondicionada polo licitador das cláusulas do presente prego.

ver as bases do concurso