Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/09/2010 | Concursos

Premios "Manuel Gómez Román" á recuperación do hábitat rural e construccións adxectivas

BASES PREMIOS GÓMEZ ROMÁN

 

1- Poderán concorrer ao “Premio Manuel Gómez Román” calquera persoa física ou xurídica propietaria dalgunha construción tradicional ou construción adxectiva reformada ou rehabilitada en Galicia.

2- É condición indispensable que tanto os deseños como os materiais empregados e demais características das edificacións e construcións presentadas a concurso, estean en consonancia coa contorna e garden relación coa arquitectura tradicional da comarca.

3- Admitiranse unicamente aqueles proxectos que estean totalmente rematados e que conten con licenza municipal  debidamente legalizada.

4- O “Premio Manuel Gómez Román” comprende dúas modalidades:

 

a) Edificacións  tradicionais rehabilitadas ou restauradas, dotado con 2.500 €

b) Construcións adxectivas (hórreos, pombais, muiños…) rehabilitados ou reconstruídos, dotado 1.500 €.

Estes importes estarán suxeitos á lexislación fiscal vixente.

5- A Asociación concederá anualmente a medalla de plata a unha personalidade, pública o privada que teña salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia.

 6- As persoas, institucións ou entidades interesadas en participaren na convocatoria do  “Premio Manuel Gómez Román”, deberán aportar a seguinte documentación:

 1. Dossier fotográfico da construción e ubicación da mesma así como calquera outra documentación que consideren oportuna (planos, proxectos técnicos, etc...).

2. Fotocopia da licenza de obra municipal expedida polo concello correspondente.

3. Datos do propietario ou propietarios do inmoble:

            a) nome e apelidos

            b) enderezo postal

            c) número de teléfono

            d) correo electrónico

7- A devandita documentación deberá enviarse á sede da Asociación Amigos do Castelo de Maceda  SETESTRELO antes das 12 horas do día 10 de setembro de 2010, indicando no sobre que conteña a documentación a seguinte lenda: “Proposta para o Premio Manuel Gómez Román”, así como a modalidade á que concorre. O enderezo é: Rúa Reza 3 Ourense

Admitiranse, igualmente, envios a través do correo electrónico. A dirección neste caso é: info@setestrelo.es

8- Un xurado composto polos seguintes membros:

•Manuel Caamaño Suárez, aparellador e autor da obra  “As construcións da arquitectura”

•Emilio Fonseca Moretón, arquitecto

•Francisco Novoa Rodríguez, Pte. Asociación Setestrelo

•Clodio Pérez González, escritor e etnógrafo

•Iago Seara Morales, arquitecto (premiado edición anterior)

•Francisco Xabier Oviedo, Alcalde de Maceda

•Xosé González Martínez, Pte. Foro Peinador

 

O Xurado terá potestade para a interpretación das presentes bases, poidendo declarar deserto o premio que considere oportuno.

9- Unha vez emitida e divulgada a decisión do xurado do “Premio Manuel Gómez Román”, o/a propietario/a das construcións premiadas ou persoas nas que deleguen, deberán asistir ao acto de entrega dos premios, que se celebrará no castelo de Maceda  o día 16 de outubro de 2010 ás 12,30 horas da mañá.

10- A Asociación Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” resérvase o dereito de utilizar cantas veces estime oportuna, a imaxe e o nome dos inmobles galardoados, sen que iso dea lugar a pagamento adicional ningún, sendo a contía dos premios a única e total remuneración.

11- As construcións premiadas non poderán participar en sucesivas convocatorias do “Premio Manuel Gómez Román”.

12- A documentación correspondente aos inmobles non premiados poderá ser retirada polos seus propietarios na sede da Asociación no prazo máximo de dous meses a partir da data do acto de entrega pública dos premios. Posteriormente, a documentación que non fose retirada, destruirase.

 13- A participación neste concurso leva implícita a aceptación das presentes bases.

www.setestrelo.es