Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
29/09/2010 | Exposiciones
A delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ten o pracer de comunicarlle que dende o 17 de setembro ata o 15 de outubro de 2010 poderá visitarse a mostra do XIII Premios COAG de arquitectura no salón de actos do edificio da delegación en horario de 9:00-14:00h.
A exposición presenta as obras rematadas nos anos 2006, 2007 e 2008 que a xuizo do Colexio de Arquitectos foron merecedores de ser galardoadas como arquitecturas de referencia dentro de Galicia.
Os premios outorgáronse nas seguintes categorías:
A) Edificio de nova planta
B) Rehabilitación
C) Decoración e interiorismo
D) Espacios abertos públicos (prazas, paseos,parques, etc.)
E) Arquitecturas efémeras
Poderán contemplarse as obras premiadas nas distintas categorías a través de paneis explicativos con fotografías e planimetrías orixinais con referencias os seus autores e situacións das obras.
XIII Premios COAG de arquitectura
17 de setembro-15 de outubro
Salón de Actos do Colexio de Arquitectos
Horario: 9:00-14:00