Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
17/12/2010 | Celebraciones
A Comisión de Cultura da Delegación en Lugo do COAG, en vista de que nos vemos pouco @s colexiad@s, e persuadidos de que é importante o fomento da amizade entre nós, vimos organizar unha velada-party para tod@s, e celebrar así estas festas e o aninovo.
Será o próximo mércores día 22 de decembro ás 21:00h. no salón de actos do edificio do COAG.
¡Esta vez é sen acompañantes nin arquivos adxuntos, só arquitect@s!
Importante: Dress code: B&W (vermello opcional)
Tamén vos pregamos ós que xa saibades que ides vir, que o comuniquedes a dirección: culturalugo@coag.es para facilitarnos un pouco as cousas. De tódolos xeitos, podedes vir igual aínda que non avisedes, porque onde caben 20, caben: 20.000)