Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

20/09/2011 | Concursos

CONCURSO MUSEO PROVINCIAL LUGO: EL JARDÍN DE LAS IDEAS

Segundo se publica no BOP (Boletín Oficial da provincia de Lugo), nº 106, de 11 de maio de 2011, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e o Museo Provincial de Lugo convocan a primeira edición do concurso “O xardín das ideas” co obxectivo de premiar propostas profesionais que aporten proxectos, ideas, para a intervención paisaxística no claustro do primitivo convento de San Francisco, hoxe parte do edificio que ocupa o MPLugo. As persoas ou equipos que desexen participar no concurso deben atender ao especificado nas bases e optarán a un diploma e premio en metálico de 3000 euros, así como a tres mencións especiais. O prazo para a presentación de propostas a concurso remata o 15 de outubro de 2011

Consulte as BASES e a DOCUMENTACIÓN ANEXA