Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
28/10/2011 | Convocatorias
Como actividad paralela al Seminario iCOR, Dª Mónica Alonso, Doctora en Bellas Artes y Artista plástica, el próximo jueves 3 de noviembre a las 20:00 desarrollará una ponencia con el título: Las Cualidades Psicológicas de los colores.
Dicha actividad es de carácter gratuíto y abierta a todos los interesados en el tema.
MONICA ALONSO: AS CUALIDADES PSICOLOXICAS DAS CORES.
A creación artística de Mónica Alonso estivo sempre proxima á arquitectura, as súas maquetas de Espazos Terapéuticos amosan arquitecturas deseñadas para o efecto terapéutico. Mónica non só nos presenta os espazos, senón tamén unhas instruccións de uso como productos. O seu primeiro Espazo con estas características son os Dormitorios Terapéuticos 1999.
A cor é algo fundamental na obra da artista. Comeza co uso de cores puras para pasar a establecer as que ela considera cualidades psicolóxicas das cores: Cor de Carne Triste, Carne Ruborosa, Azul activo, etc. Aplica as súas teorías a pezas artisticas pero tamén arquitectónicas. Desta segunda parte é do que tratará a conferencia: a presentación dos proxecto realizados por Mónica Alonso no ámbito da arquitectura. A súa primeira colaboración en 2001 co Instituto Metápolis no proxecto Media House, Barcelona. Colaboración cos arquitectos Carlos Quintáns e Pablo Gallego no proxecto comunidade azul-comunidade verde, para a 8 Bienal de Venecia de Arquitectura, 2002. Establecemento dunha gama cromatica para o Centro de día en Maceda, Ourense co equipo Trespes arquitectos, 2009. Terapia Habitación de Hospital, proxecto que se está a desenvolver no Hospital Clínico de Santiago, promovido pola asociación Sen Marco e coa coordinación do Centro Galego de Arte Contemporánea. Establecemento da cor propicia para a actividade física, a aplicar no ximnasio do colexio de Chancelas en Pontevedra.
Mónica Alonso presentará na charla estes proxectos de colaboración directa coa disciplina arquitectónica.