Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/01/2009 | Biblioteca

La biblioteca del C.O.A.G. en Lugo firmó convenios con las librerías Balmes y Pérgamo

A Biblioteca do C.O.A.G. en Lugo asinou convenios cas librerías Balmes e Pérgamo

A Biblioteca, no seu compromiso ca posta a disposición da bibliografía máis interesante para os colexiados; e ca intención de que os colexiados poidan obter as obras nas mellores condicións económicas posibles, a fin de que se doten dunha biblioteca persoal o máis completa posible, asinou convenios cas librerías Balmes e Pérgamo da cidade de Lugo para que os colexiados dispoñan dun desconto do 5% na adquisición de libros

Para poder desfrutar do desconto conveniado do 5%, os colexiados deberán acreditarse mediante a presentación do carnet de colexiado ó facer adquisicións de libros.

As librerías cas que se asinou este convenio son:

Librería Balmes
San Pedro 10 (27001 Lugo)
Tel.: 982 227 458

Librería Pérgamo
San Roque 104 (27002 Lugo)
Tel.: 982 255 308