Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

22/05/2012 | Noticias

COAG LUGO: MEMORIA DE GESTIÓN 2011

Dentro de la política presencial y de comunicación de la Junta Directiva de Lugo se acompaña la Memoria de Gestión de la Delegación correspondiente al año 2011.


Memoria de Xestión Ano 2011

Delegación de Lugo

1.- Xunta Directiva

A Xunta Directiva da Delegación dende as eleccións do día 11 de maio de 2011, está constituída por:

                Presidente:        D. Raúl J. Veiga Lamelas

                Tesoureira:        Dª. Celia Fajar Lomba

                Secretario:         D. José Luis Sanmiguel Guerreiro

Dende a toma de posesión dos novos cargos celebráronse as seguintes Reunións de Xunta Directiva.

  • Sesión 01/2011, de 25 de maio.
    • Sesión 02/2011, de 27 de maio.
    • Sesión 03/2011, de 30 de maio.
    • Sesión 04/2011, de 13 de xuño.
    • Sesión 05/2011, de 27 de xuño.
    • Sesión 06/2011, de 29 de xuño.
    • Sesión 07/2011, de 20 de xullo.
    • Sesión 08/2011, de 27 de xullo.
    • Sesión 09/2011, de 03 de agosto.
    • Sesión 10/2011, de 09 de agosto.
    • Sesión 11/2011, de 30 de agosto.
    • Sesión 12/2011, de 05 de setembro.
    • Sesión 13/2011, de 07 de setembro.
    • Sesión 14/2011, de 12 de setembro.
    • Sesión 15/2011, de 21 de setembro.
    • Sesión 16/2011, de 27 de setembro.
    • Sesión 17/2011, de 14 de novembro.
    • Sesión 18/2011, de 23 de novembro.
    • Sesión 19/2011, de 28 de novembro.
    • Sesión 20/2011, de 01 de decembro.
    • Sesión 21/2011, de 02 de decembro.
    • Sesión 22/2011, de 05 de decembro.

2.- Delegación

Convocáronse as seguintes Xuntas de Delegación:

  • Xunta Ordinaria de Delegación, de 14 de abril, para a presentación e aprobación da Memoria de Xestión e Peche de Contas do 2010.
  • Xunta Extraordinaria de Delegación, de 14 de abril, sobre a Anulación da Aprobación do Método de Cálculo de Visado.
  • Xunta Ordinaria de Delegación, de 29 de xuño, co seguinte Orde do dia:

1. Lectura e Aprobación, se procede, da Acta da Xunta de Delegación anterior.

2. Presentación da nova Xunta Directiva.

3. Informe Estado Delegación de Lugo.

4. Informe Xunta Xeral Extraordinaria do 24 de maio. Postura da Delegación de Lugo ante a alegación dun colexiado.

5. Informe de Presidencia da Xunta de Goberno do COAG de 20 de xuño.

6. Fondo Social da Delegación de Lugo. Postura da Delegación para o seu Uso e Disposición.

7. Rogos, preguntas e propostas.

  • Xunta Extraordinaria de Delegación, de 28 de xullo, co seguinte Orde do dia:

1. Informe da Xunta Directiva ós colexiados da Delegación de Lugo do Acordo adoptado na Xunta de Goberno do luns 18 de xullo de 2011, así como dos debates e as informacións manexadas na mesma e que motivaron a decisión final.

2. Rogos, preguntas e propostas.

  • Xunta Ordinaria de Delegación, de 22 de setembro, co seguinte Orde do dia:

1. Lectura e Aprobación, se procede, das Actas anteriores.

2. Informe de Xunta Directiva sobre a situación económica colexial e xeral da Delegación.

3. Informe do Decano.

4. Adopción dos acordos de Delegación.

5. Rogos, preguntas e propostas.

  • Xunta Extraordinaria de Delegación, de 20 de outubr0, co seguinte Orde do dia:

1. Lectura e Aprobación, se procede, da Acta anterior.

2. Informe da Xunta Directiva ós colexiados da Delegación de Lugo do Acordo non unánime, adoptado na Xunta de Goberno do luns 26 de setembro de 2011, polo que se procede ó Apoderamento de tódalas contas colexiais nos cargos de Secretaria e Tesoureiro do COAG. O mesmo tempo acórdase reducir o número total de contas colexiais actuais. Por tal motivo someterase á decisión asemblearia a posibilidade ou non de emprender accións contra este acordo ou anteriores da Xunta de Goberno.

3. Á petición dun grupo de colexiados desta Delegación, e trala debida exposición da cuestión, someterase á decisión asemblearia a posibilidade de constituír unha Asociación de Arquitectos de Lugo.

  • Xunta Ordinaria de Delegación, de 12 de decembro, co seguinte Orde do dia:

1. Lectura e Aprobación, se procede, da Acta anterior.

2. Informe da Xunta Directiva ós colexiados da Delegación de Lugo da situación e presupostos para o vindeiro ano 2012.

3. Rogos, preguntas e propostas.

Realizáronse ademais as seguintes reunións internas, de reorganización da delegación ou con colexiados:

  • Reunión cos traballadores da Delegación, 1 de xuño.
  • Reunión cos redactores do proxecto de as obras de mellora da delegación, 1 de xuño.
  • Reunión Asesoría Xurídica COAG Lugo, 6 de xuño.
  • Reunión da Xunta Directiva de Lugo co Decano, Secretaria e Tesoureiro do COAG, 13 de xuño.
  • Reunión con colexiado da Delegación a súa petición, 13 de xuño.
  • Reunión co Taxador do COAG, 16 de xuño.
  • Reunión Asesoría Xurídica COAG Lugo, 14 de xullo.
  • Reunión Asesoría Xurídica COAG Lugo, 12 de setembro.
  • Reunión de traballo na delegación co Xerente e responsable de persoal para a preparación do Laboratorio iCOR.
  • Reunión Asesoría Xurídica COAG Lugo, 03 de outubro.
  • Reunións varias na organización do LAB iCOR, 10, 11 e 12 de outubro.
  • Reunión cos traballadores da Delegación, 15 de novembro.
  • Reunión con colexiados da Delegación a súa petición, 29 de novembro.
  • Reunión Asesoría Xurídica COAG Lugo, 16 de decembro.

Polo que se refire ós contactos coas Administracións públicas e outras organizacións, empresas ou profesionais, realizáronse as seguintes coa intención de abrir ou continuar novas liñas de traballo:

  • Reunión El Progreso, 01 de xuño.
  • Reunión co Concello de Lugo, Oficina Urban sobre el Seminario de Color e actividades iCOR, 21 de xuño.
  • Reunión coa responsable de ARQUIA, 27 de xuño.
  • Reunións varias La Caixa.
  • Reunión co Alcalde do Concello de Lugo, 13 de setembro.
  • Reunión coa Xerencia da Oficina do Plan URBAN para o Convenio iCOR.
  • Reunión Convenio ITE’s, con responsables do Concello de Lugo e do Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, 04 de outubro.
  • Reunión no Concello de Lugo para un posible convenio UI PEPRI, 31 de outubro.
  • Reunión Convenio ITE’s, 02 de novembro.
  • Reunión no Concello de Lugo para convenio UI PEPRI, 17 de novembro.
  • Reunión no Concello de Lugo coa responsable de Disciplina, 28 de novembro.
  • Reunión con representantes da Universidade de A Coruña para a colaboración nun Estudo sobre o Románico en Lugo, 28 de novembro.
  • Firma Convenio Lab iCOR e presentación do mesmo, ós medios, 22 de decembro.

Por último asistiuse en representación da delegación de Lugo os seguintes actos:

  • Asistencia á Entrega das Medallas de Ouro de Galicia 2011, 25 de xullo.
  • Asistencia ás Mesas Redondas ADEGA-COAG Lugo, os días 28 de outubro e 4 de novembro.

3.- Actividades desenvoltas con Entidades locais

Iniciáronse co Concello de Lugo varias liñas de traballo para actividades a curto, medio e longo prazo.

  • Convenio ITE’s Lugo.

Existe un convenio asinado polo Colexio de Arquitectos Delegación de Lugo co Concello no que se recollía as condicións das ITE’s dende hai anos. O Concello de Lugo ten establecida ademais unha Ordenanza que regula esta actividade.

Consecuencia das últimas modificacións lexislativas e a iniciativa colexial propóñense modificacións sobre a Ordenanza para adaptala a lexislación vixente e os actuais criterios. Consecuencia destas propostas o Concello iniciou o procedemento administrativo para tramitar a modificación da Ordenanza municipal.

  • Proxecto cidadeidentidade: iCOR.

Aínda que mais adiante se desenvolverá con maior profundidade este proxecto da Delegación, estableceuse un Convenio de Colaboración co Concello de Lugo para realizar una actividade formativa sobre a Cor nunha zona de cidade de Lugo.

O obxectivo era formar a un grupo de colexiados recentes no uso e o valor da Cor na arquitectura, e en consecuencia na Cidade. Desenvolveuse en tres fases: Seminario+Workshop+Laboratorio. Dito Convenio de Colaboración permitía o desenvolvemento das actividades coa aportación económica asumida polas dúas partes: Concello e Delegación.

  • PEPRI Lugo.

A finais de ano iniciouse unha nova liña de colaboración coa busca dun novo Convenio entre o Concello e a Delegación, neste caso de materia urbanística co obxectivo de dar os pasos previos para a futura revisión do PEPRI.

Esta liña de colaboración continúa no ano 2012, sendo de esperar que frutifique a partires do mes de xuño cun novo Laboratorio, de corte similar ó LAB iCOR.

  • Colaboración coa UDC. Estudio sobre o Románico en Lugo.

A Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia estableceu un Acordo de Colaboración coa Universidade da Coruña. Neste a Delegación do Coag de Lugo cede parte das súas instalacións á Escola de Arquitectura nos traballos previstos para a catalogación do Románico na provincia de Lugo.

O Ministerio de Cultura e a Fundación do Románico de Santa María la Real de Aguilar de Campóo, en colaboración coa Escola de Arquitectura da Coruña e a Delegación do COAG en Lugo, contrataron oito arquitectos da Provincia de Lugo, para levantar os planos de 147 templos románicos das bisbarras situadas ao sur da Provincia.

Esta campaña ten como obxectivo conseguir a documentación gráfica que se publicará na Enciclopedia do Románico, tomos de Lugo, que está a realizar a Fundación do Románico. Ademais contratáronse Historiadores da Arte da Provincia para documentar os templos debuxados.

A Delegación do COAG en Lugo, será a sede desta actividade cuxa duración será de nove meses. Estas actividades iniciouse a partir do próximo martes 20 de decembro.

4.- Actividades Formativas desenvoltas na Delegación

A continuación recóllense algunhas das actividades formativas desenvoltas na delegación de Lugo:

Febreiro.-

2 / Presentacion del software Graphisoft ArchiCAD

7 / Curso skecht up + v-ray

14 / Curso BIM ArchiCAD A1- gratuito

15 / Curso. Herramienta gratuita para la gestión del despacho profesional: Google Apps

16 / Vivienda EE+. Aplicación y Diseño.Saunier Duval

25 / Curso. Lesiones y Técnicas de Intervención en Edificios: Instalaciones

Marzo.-

9 / Charla informativa sobre la implantación del nuevo modelo servicio de visado

16 / La tecnología del poliuretano. Soluciones innovadoras en rehabilitación y obra nueva.JOSMAR

21 / Iluminación: El futuro es ahora.dalleQlibras

29 / Curso BIM ArchiCAD A2 (Nivel 2)

Abril.-

4 / Curso herramiento CYPE instalaciones

25 / Curso.Los SIG en el urbanismo y la protección ambiental dentro del planeamiento municipal”

Maio.-

9 / Impermeabilización de cubiertas. Sika

19 / Envolventes: Soluciones Constructivas de Cubiertas

Xuño.-

14 / Estudio y Coordinación de Seguridad y Salud en las Obras de Construcción

22 / Instalación de salas de calderas de gas en edificios de nueva construcción

Setembro.-

21 / Aplicación Práctica da Normativa Enerxética na Edificación

22 / Aplicación Práctica da Normativa Enerxética na Edificación

Outubro.-

14 / iCOR: MÓDULO 1. COR E PERCEPCIÓN

15 / iCOR: MÓDULO 1. COR E PERCEPCIÓN

21 / iCOR: MÓDULO 2. COR E MATERIAIS

22 / iCOR: MÓDULO 3. COR E ADMINISTRACIÓN

28 / XORNADAS DE URBANISMO EN LUGO ORGANIZADAS POR ADEGA E COAG LUGO.

28 / iCOR: MÓDULO 4. COR E ESPAZO URBANO

29 / iCOR: MÓDULO 4. COR E ESPAZO URBANO

Novembro.-

3 / CONFERENCIA DE MÓNICA ALONSO: "AS CUALIDADES PSICOLÓXICAS DAS CORES"

4 / XORNADAS DE URBANISMO EN LUGO ORGANIZADAS POR ADEGA E COAG LUGO.

4 / iCOR: MÓDULO 5. COR E CIDADE HISTÓRICA

5 / iCOR: MÓDULO 5. COR E CIDADE HISTÓRICA

5 / iCOR: MÓDULO 7. MESA REDONDA E DEBATE

5 / iCOR: MÓDULO 6. COR E CIDADE HISTÓRICA

18 / CELEBRACIÓN DO WORKSHOP iCOR: 18, 19 E 20 NOVEMBRO

19 / CELEBRACIÓN DO WORKSHOP iCOR: 18, 19 E 20 NOVEMBRO

20 / CELEBRACIÓN DO WORKSHOP iCOR: 18, 19 E 20 NOVEMBRO

Decembro.-

12 / LABORATORIO iCOR: INICIO DAS ACTIVIDADES

13 / PECHE DELEGACIÓN POR REORGANIZACIÓN DAS OFICINAS

16 / Xornada Técnica: DIAGNOSE, APLICACIÓN E RESTAURACIÓN DA CAPA DE SUFRIMENTO

 

5.- Día Mundial da Arquitectura 2011

A celebración do Día Mundial da Arquitectura desenvolveuse mediante a colaboración co diario El Progreso, en liña coa habitual colaboración da Delegación con este medio. Incorporase a continuación parte do extracto e os enlaces webs.

“A delegación de Lugo do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) celebrará o Día Mundial da Arquitectura convidando aos lugueses a quitar fotos de prazas e espazos públicos, que se poderán enviar a través da web de El Progreso ata o 20 de setembro. Estas imaxes participarán posteriormente tamén no tradicional concurso de Acertos e Desastres Arquitectónicos.

Como todos os anos, as seccións nacionais membros da Unión Internacional de Arquitectos levan a cabo diferentes actos para celebrar o Día Mundial da Arquitectura, que dende 1997 se celebra o primeiro luns de outubro, coincidindo no Día Mundial do Hábitat. Este ano, a efeméride coincide o 3 de outubro e o seu tema será 'Arquitectura e dereitos humanos'.

A comisión de cultura da delegación de Lugo do COAG pensa que "o espazo que mellor pode acoller os dereitos humanos é o espazo público, entendendo que nel dilúese a fronteira entre o público e o privado. O uso faino colectivo". Así pois, decidiu dedicar esta efeméride á praza ou espazos afíns como símbolo do espazo público colectivo: á ágora como orixe da cultura, a democracia e os dereitos humanos.

Coa convocatoria que se fai a medias coa web de El Progreso, o colexio quere facer "unha actividade na que se poidan implicar o número máis numeroso de cidadáns, que provoque unha reflexión do que supón o espazo público colectivo e que sexa una actividade extensiva a todo o ámbito da delegación, neste caso a provincia de Lugo".

Admitiranse fotos de espazos públicos colectivos de todas as cidades, vilas, pobos e aldeas da provincia lucense nas que apareza reflectido o uso dese espazo polos e polas cidadáns. É dicir, non valen fotos 'mortas', senón que ten que aparecer algunha persoa facendo uso desa praza.

As devanditas fotos utilizaranse inicialmente para facer unha proxección exterior no edificio da delegación aproveitando que estará rodeado de toda a actividade que xera a celebración das festas de San Froilán e que se inaugurará o 3 de outubro, Día Mundial da Arquitectura.

Ademais, as fotos pasarán automaticamente a formar parte do V Concurso de Fotografía Acertos e Desastres, que organiza a comisión de Cultura da Delegación do COAG en Lugo e que se convocará oficialmente para os últimos meses do ano. Non haberá, pois, que volver a envialas.

O prazo para enviar estas fotografías (as do Día da Arquitectura) é ata o 20 de setembro. As condicións e características destas imaxes serán as mesmas que na última edición do devandito concurso: admitiranse ata cinco fotos por categoría e IP, que deben ser orixinais, feitas con cámara dixital e non retocadas (agás algún filtro que mellore a calidade). Haberán de ser arquivos en formato JPG, cunha calidade mínima de 300 dpi e unha resolución de 4 Megapíxels. As fotos que cheguen despois do 20-S só participarán no concurso de Acertos e Desastres.

EL PROGRESO ANUNCIO_10/09/2011

EL PROGRESO FOTOGRAFÍAS DIA MUNDIAL DE LA ARQUITECTURA

6.- Celebracións da Delegación

Celebrouse a Cea da Festividade da Nosa Señora de Belén na súa Fuxida a Exipto, Patroa dos arquitectos o 13 de maio no Hotel Méndez Núñez.

Ademais o 28 de xaneiro tivo lugar un Viño-tertulia: Propostas para o cuartel de San Fernando en 10 minutos.

7.- Proxecto cidadeidentidade: iCOR.

Este é un espazo de observación, reflexión e investigación promovido pola Comisión de Cultura da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, no que se pretenden acoller diversas actividades que poidan aportar algún coñecemento sobre a identidade da cidade, considerada dende o plano da relación espacial, visual, perceptiva e sentimental cos seus habitantes, tanto globalmente como desde os seus distritos e barrios.

É o primeiro proxecto que se realiza no espazo cidadeidentidade.

A primeira relación visual e perceptiva da cidade é a paisaxe urbana, o concepto de paisaxe urbano non é estático, non solo configúrano os edificios privados e os espazos públicos. A peza básica é o cidadán, a paisaxe empeza a existir cando os cidadáns saen da casa e o fan súo.

O fin básico de vivir mellor depende en gran medida da calidade dos espazos cidadáns e a súa percepción ten unha relación directa coa composición formal deses espazos. Pode xerar emocións, sensacións ou crear determinados estados de ánimo nel que se move polo campo visual dun recorrido urbano ou del que usa o espazo urbano como estancia. A cidade como escenografía catalizadora.

A experiencia, memoria, mapas mentais da cidade, tipoloxías arquitectónicas, cantidade de masa construída, organización focal da visión e do movemento, textura e cor dos edificios son categorías susceptibles de converterse en instrumentos de identidade cidadán.

É importante entender que cando falamos da paisaxe, a suma do privado e do público forman o colectivo, na paisaxe urbana non é o privado individual e o público colectivo, todo é colectivo porque é o uso o que o significa e non a propiedade. O cidadán ha de ser consciente de que o exterior do seu edificio posúe un valor colectivo de paisaxe aproveitable para todos os cidadáns.

Por iso a cor coa que se trazan os exteriores dos edificios é parte dun valor colectivo identitario e é o obxecto do primeiro proxecto de cidadeidentidade, que denominamos icor, coa i de identidade.

Este proxecto desenvólveuse en fases sucesivas:

1ª Seminario Internacional Cor e Cidade

2º Workshop internacional Cor e Cidade

3º Laboratorio “Ensanche da Ramella”

 

1ª. Seminario Internacional Cor e Cidade

Celebración dun Seminario Internacional co tema da relación entre a cor e a cidade.

Desenvolveuse ao longo dun mes en venres e sábados, cunha duración total de 44 horas.

Os poñentes serán:

  • Ignacio Pérez-Jofre Santesmases: Doutor en Belas Artes e profesor na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.
  • María Vázquez López: Licenciada en Historia, profesora de Arte da Escola De Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Pinturas Todocolor: Empresa de pinturas lucense.
  • Mario Bisson: Arquitecto. Responsable científico do Laboratorio da Cor de INDACO do Politécnico de Milán.
  • José Aguiar Portela da Costa: Arquitecto.  Presidente do Icomos Portugal. Profesor na facultade de Arquitectura da Universidade de Lisboa.
  • Blanca Besteiro García: Restauradora

O último día tivo lugar unha Mesa redonda que desenvolverá os temas tratados no Seminario.

2º.Workshop internacional Cor e Cidade

Workshop formativo teórico-práctico sobre a aplicación práctica da cor na cidade.

Desenvolveuse en 3 días, venres, sábado e domingo cunha duración total de 24 horas.

Impartido polo Laboratorio da Cor do Politécnico de Milán.

3º Laboratorio “Ensanche da Ramella”

Laboratorio formativo práctico experiencial.

O seu fin foi a formación de 10 arquitectos, coa carreira terminada nos últimos 5 anos e con residencia na cidade de Lugo, na elaboración de plans de cor. Coordinados por 4 arquitectos con experiencia na intervención no patrimonio.

Elaborouse un traballo final, que será o establecemento dun código cromático e a súa aplicación, para a posta en valor da arquitectura prerracionalista e racionalista no Ensanche da Ramella no Casco Histórico de Lugo.

Desenvolveuse ao longo de dous meses.

Co fin de manter informados a tódolos interesados creouse un blog específico para o iCOR: http://icor.coaglugo.es/

8.- Páxina Web.

Ata o mes de xuño o mantemento da mesma foi esplendidamente levado polo colexiado D. Roque Álvarez Arosa. A partires dese mes presentou a súa renuncia por motivos persoais e paso a ser levada pola propia Xunta Directiva ante a ausencia de colaboradores interesados.

Os datos mais relevantes e resumo do ano, recóllense a continuación.

Para mellorar a comunicación, participación e colaboración abríronse perfís públicos de facebook e twitter.

9.- Obras da Delegación.

A Xunta Directiva de Delegación anterior encargou a redacción dun proxecto de mellora e acondicionamento da sede colexial. Redactado o proxecto, a nova Xunta directiva, co fin de aforro e optimización dos escasos recursos asumiu a dirección das obras da delegación.

Ditas obras foron desenvolvéndose durante a segunda parte do ano 2011, tendo previsto o seu remate no 2012.

10.- Relación cos medios.

A nova Xunta directiva de delegación considerou dende a toma de posesión que era necesario potencia a relación cos medios, buscando unha maior e mais continuada presenza nos mesmos.

Nesa liña a presenza é habitual nos medios escritos (en especial no diario El Progreso), acudindo nalgunha ocasión a televisión local e empregando en ocasións tamén a colaboración coa empresa Vía Láctea nas convocatorias máis relevantes como foi a presentación ou a firma do Convenio do iCOR co Concello de Lugo.

 

Comentarios

Aún no existen comentarios para esta noticia. Crea el primero completando el formulario siguiente.

* Todos los comentarios serán moderados antes de su publicación.

Se ha enviado el comentario correctamente. Todos los comentarios son moderados antes de ser publicados. Gracias.

Enviar nuevo comentario