Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

09/10/2009 | Exposiciones

III Muestra del concurso Acertos e Desastres (2008)

En el 2007  se celebró la III Edición del concurso Acertos e Desastres. Pueden ver todas las imagenes galardonadas y con mención que el concurso deparó.

Un ano máis, o concurso de acertos e desastres que organiza a Delegación en Lugo do Colexio de Arquitectos, convoca a propios e a extraños á reflexión sobre a arquitectura, a repensar eses artefactos que pousamos sobre o terreo a través da mirada, unhas veces tenra e o outras aceda, pero sempre retranqueira, que desfai mitos e racha convencións. Como Presidente da Delegación, teño que gabarme de que sexa así e que cada ano concite máis participantes, porque a dose de
vacina mental que supón ver estas imaxes déixate protexido para todo o ano.
Di John Berger nun dos seus máis esclarecedores escritos sobre a arte fotográfica, a nosa forma máis sinxela de arte, que non hai fotografías que poidan ser negadas, todas posúen categoría de realidade e o que hai que examinar é de que xeito a fotografía pode ou non dar significado aos feitos. Máis aló da calidade artística da fotografías seleccionadas, o certo é que todas participan desa circunstancia de querer dar significado ao feito do como e o porque diso que chamamos Arquitectura,transfigurada en desexos, susurros ou berros, tal como os podemos percibir nas imaxes presentadas Este singular caleidoscopio arquitectónico que estamos facendo paseniñamente en Lugo, grazas a este concurso, será o noso particular testamento que dirá de nos o que nos fumos ou quixemos ser, sen afeites nin adornos. E con ese valor de testemuña
e de análise muda da nosa realidade, continuaremos.


Alberte González Rodríguez- Presidente de COAG Lugo-

En el archivo adjunto está el catalogo del certamen donde pueden ver titulos y autores de las obras.