Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

29/09/2009 | Noticias

Miercoles 30, presentación del libro del historiador lucense Adolfo de Abel Vilela “La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y sociedad”

A Fundación Pedro Barrié de la Maza presenta mañá día 30, as 20 horas no Círculo das Artes, a obra do historiador lucense Adolfo de Abel Vilela “La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y sociedad”, que se enmarca na serie Galicia Histórica.

O autor fai un retrato da cidade e describe a decadencia que a vida urbana lucense experimentou na Alta Idade Media. Fala dos tres intentos de repoboación e da reactivación da cidade que culmina no século XII con Raimundo de Borgoña e dona Urraca. A actividade económica, a hospitalidade, a vida monástica e relixiosa, a cultura, o lecer e as loitas feudais, están recollidas neste traballo amplamente documentado.