Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

20/09/2012 | Noticias

GDR ANCARES COUREL. MALLA PARA LOS TECHOS DE PAJA

La Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares Courel organiza el 22 de septiembre a partir de las 10 en Becerreá una "Mallega o Malla tradicional" de centeno que celebrará este sábado en Becerreá, con el objeto de iniciar un proceso de valorización y recuperación de los techos de paja de la montaña lugués.


"Ola!!

Moi boas tardes.

Envíoche información da mallega tradicional que estamos preparando en Becerreá para o día 22 deste mes, para que se podes, lle deas difusión nos teus contactos, e se che convence, anotes ti tamén a cita na túa axenda.

Será unha mallega para ter palla para teitar pallozas, hórreos, etc. da montaña de Lugo. Este ano é a mallega 0... queremos que sexa o punto de partida e que  se repita tódolos anos, e se poida dispor de palla para teitar as pallozas e hórreos de forma máis sostenible / asequible. A idea é tentar revertir o proceso de encarecemento da restauración dos teitos de palla, e fortalecer a todavía pequeniña Asociación Teitos de Palla, que xunta a propietarios destes elementos que tratan de buscar formas de conservalas. Virá xente de toda a montaña a colaborar...

...Así que terá moito de especial polo que significa, ... e tamén polos contidos e a festaza que imos montar. Teremos malles ou paus para mallar como antiguamente, máquinas das antiguas, de polea, con un motor externo alimentados por leña!! (gasóxenos) ou por gasoil ... limpadoras de gran antigas de manivela.... , e incluso un trozo dun teito pousado no chan no que sabedores do oficio, teitadores da zona, nos aprenderán como se teita. O que queira aprender, poderá subirse a este pedaciño de teito, e probar...

Así que básicamente estaremos todo o día para preparar a palla, aprender as labouras e estar de festa. Á noite, por suposto, teremos un descanso de contos, música e baile. Virá xente da zona a tocar e haberá animadores ao baile tradicional.

Son moitos mollos de centeo os que temos que mallar para que valga a palla pra teitar, así que temos as portas abertas a calquera persoa que queira vir colaborar durante todo o día. Como sabemos que o imos pasar en grande e que toda a xente será benvida é polo que che animo a que veñas. Incluso, se queres vir e ser colaborador /a dende pola mañá, se queres impliicarte un pouquiño máis, podes avisarnos uns días antes e contaremos contigo.

Gracias de antemán pola túa axuda na difusión.

Unha aperta dende as montañas.

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares Courel

Raquel, Mónica ou José: 982360824 / 606035964"

Comentarios

Aún no existen comentarios para esta noticia. Crea el primero completando el formulario siguiente.

* Todos los comentarios serán moderados antes de su publicación.

Se ha enviado el comentario correctamente. Todos los comentarios son moderados antes de ser publicados. Gracias.

Enviar nuevo comentario