Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

16/10/2009 | Noticias

Los propietarios de vivviendas de los núcleos por los que dicurren los Caminos de Santiago podrán optar a ayudas para rehabilitación.

Visto en IGVS.XUNTA.ES

As consellerías de Cultura e Turismo e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poñen en marcha un Plan Integral Conxunto de rehabilitación das rutas xacobeas, cun investimento de 16 millóns de euros en 2009 e 2010

OS PROPIETARIOS DE VIVENDAS DOS NÚCLEOS POLOS QUE DISCORREN OS CAMIÑOS DE SANTIAGO PODERÁN OPTAR A AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE ATA 23.600 EUROS

- A medida beneficiará ás preto de 500 parroquias dos 111 concellos  polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago:  o Camiño Francés, o Camiño do Norte-Camiño Primitivo, o Camiño Inglés, o Camiño de Fisterra-Muxía, o Camiño Portugués e o Camiño da Prata

- A través deste Plan Integral Conxunto de Rehabilitación, o Goberno galego velará non só polo mantemento e restauración do valor paisaxístico, cultural e histórico das Rutas a Compostela senón que traballará pola mellora da calidade de vida das persoas  que viven no Camiño.

- A coordinación entre  as consellerías de Cultura e Medio Ambiente permitirá axilizar a tramitación das solicitudes dos particulares a través das oficinas de rehabilitación para informar con precisión das peticións de licencias que se presenten e  axudar na tramitación das axudas

Área de Rehabilitación do Camiño de Santiago         

- Para facer efectivas as axudas á rehabilitación de vivendas será necesario declarar a Área de Rehabilitación do Camiño de Santiago, que integrará as diferentes rutas xacobeas, e que se engadirá ás 45 áreas de rehabilitación que xa están creadas
- As axudas suporán un investimento de 5,8 millóns de euros entre 2009 e 2010, que serán financiados pola Xunta e o Estado
- Serán complementadas polas axudas de rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos, para o cal o Instituto Galego de Vivenda e solo investirá en exclusiva 5,5 millóns
-  As axudas de áreas de rehabilitación consisten en subvencións a fondo perdido de ata 11.600 euros por vivenda. Ademais, poderase acceder a un préstamo, sen subsidiación, a un prazo máximo de 15 anos, con 3 de carencia.

- As axudas para rehabilitación de inmobles en conxuntos históricos consisten nunha subvención a fondo perdido do 50 por cento do orzamento, cun límite máximo de 10.000 euros, e de 12.000 se se trata da renovación do edificio

- As axudas da área de rehabilitación e de rehabilitación en conxuntos históricos son compatibles e acumulables

Espazos públicos

-  O Plan de Restauración e Posta en Valor dos Camiños de Santiago nos espazos públicos, carballeiras e patrimonio etnográfico, deseñado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, contempla unha inversión de 2.900.000 euros

- A Consellería de Cultura e Turismo aportará un total de 950.000 euros e traballa coa previsión de que o Ministerio de Fomento destine ata o 75% do investimento (1.950.000 euros),  a través do 1 por cento cultural

- O programa de intervencións nos espazos públicos propón a recuperación sustentable e a posta en valor dos lugares de uso comunitario (prazas, fontes, lavadoiros, ...) nos núcleos rurais

-   Asemade, contémplase a restauración das carballeiras  dos Camiños de Santiago para a súa rehabilitación como espazo de relación comunal netamente galego

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2009 .- A Xunta de Galicia establecerá un plan especial de axudas para a rehabilitación de vivendas es espazos públicos destinadas ás preto de 500 parroquias dos 111 concellos  polas que discorren os diferentes Camiños de Santiago, e que suporán un investimento de 14 millóns de euros entre este ano e o vindeiro. Deste xeito, tal e como explicaron hoxe en rolda de prensa os conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a través deste Plan Integral Conxunto de Rehabilitación, o Goberno galego velará non só polo mantemento e restauración do valor paisaxístico, cultural e histórico das Rutas a Compostela senón, o que é máis importante, traballará pola mellora da calidade de vida das persoas  que viven no Camiño. 

 click para ler noticia completa en igvs.xunta.es