Colegio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

13/11/2014 | Noticias

A Xunta convida ao colexio de arquitectos a enriquecer coas súas achegas o anteproxecto de Lei do Solo para que supoña un salto cualitativo na ordenación urbanística de Galicia

A Xunta de Galicia convidou hoxe ao Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) a enriquecer coas súas achegas o Anteproxecto de lei do solo co obxectivo de acadar unha norma de consenso que sirva de ferramenta para dotar de dun planeamento de calidade á totalidade dos concellos galegos.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada pola secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu hoxe a unha delegación do COAG, encabezada polo decano, Antonio Maroño Cal, e dez membros procedentes das sete delegacións que posúe este órgano colexiado en Galicia, para abordar as liñas básicas do documento, aprobado polo Consello da Xunta do pasado 10 de outubro.

Este encontro enmárcase na rolda de contactos que está a manter a Xunta con diversas institucións para presentar o anteproxecto de Lei do Solo, as cales deron comezo a finais de outubro, nunha reunión cos representantes das administracións locais, FEGAMP.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que “o Anteproxecto de lei do solo pretende dar resposta ás necesidades actuais da ordenación urbanística municipal co obxectivo de conseguir que todos os concellos da comunidade conten con instrumentos de planificación”. Neste sentido, destacou a receptividade do COAG, que valorou positivamente o paso decisivo que suporá no mapa de ordenación urbanística de Galicia a posibilidade de que os concello de menos de 5.000 habitantes sen planeamento podan dotarse dun Plan Básico. Na actualidade dos 57 concellos que non teñen planeamento, 51 teñen menos de 5.000 habitantes.

Ademais desta medida, o COAG manifestou a importancia que terá a unificación no momento da solicitude con cargo á Xunta dos informes sectoriais que deben recabar os Plans Xerais de Ordenación Municipal dependentes deste organismo autonómico: Patrimonio; Estradas; Augas; POL; Montes; Portos de Galicia; Costas; Mobilidade; Industria; ;Facenda; Paisaxe, Conservación da Natureza, etc.

Encarnación Rivas defendeu que serán solicitados pola propia Xunta e emitidos nun prazo de 3 meses. Esta medida ten como fin axilizar a tramitación dos PXOM que na actualidade ten un prazo medio de 6-7 anos, reducindo o prazo á metade.

fonte: http://www.cmati.xunta.es/novas?content=nova_estandar2862.html

Comentarios

Aún no existen comentarios para esta noticia. Crea el primero completando el formulario siguiente.

* Todos los comentarios serán moderados antes de su publicación.

Se ha enviado el comentario correctamente. Todos los comentarios son moderados antes de ser publicados. Gracias.

Enviar nuevo comentario