A delegación de Lugo do COAG en colaboración coa delegación de Lugo do COAAT e o concello de Lugo organizan o curso sobre Inspección Técnica de Edificios que unha vez superado permitirá aos asistentes formar parte da lista de técnicos que a xeito de "quenda de oficio" redactarán os informes ITE do concello de Lugo.
O curso organízase en 4 xornadas de dúas horas cada unha:
1ª XORNADA Xoves 30 de xullo׀18.30 a 20.30
A ordenanza Municipal Reguladora da Inspección Técnica de Edificacións do Concello de Lugo. Cuestións práctico xurídicas.
Francisco García del Río (EVISLUSA) y Belén Vilas (Concello de Lugo)
2ª XORNADA Martes 8 de setembro׀18.30 a 20.30
Aspectos prácticos e Normativos da Inspección Técnica de edificios Marcelino César Jiménez López. Arquitecto. Presidente de la Agrupación de Peritos y Forenses de Galicia (COAG).
Mariano de Labra Morán. Arquitecto.
3ª XORNADA Mércores 9 de setembro׀18.30 a 20.30
A inspección das cimentacións e estruturas de formigón
Juan Bautista Pérez Valcárcel. Dr. Arquitecto. Catedrático da Universidade da Coruña
4ª XORNADA Xoves 10 de setembro׀18.30 a 20.30
A inspección dos cerramentos verticais e cubertas
César Díaz Gómez. Dr. Arquitecto. Catedrático da Universidade Politécnica de Cataluña.
Para superar o curso satisfactoriamente será preciso acudir ó menos a tres xornadas.
Non existen imaxes asociadas
Non existen videos asociados