Primeiras Xornadas de Arquitectura e Hermenéutica
Lugo, outubro e novembro 2009.
1ª xornada: mércores 28 de outubro de 2009
Introdución
O XIRO ESTÉTICO HERMENÉUTICO.
Propostas fronte ao nihilismo materialista.
Teresa Oñate e Zubía (Catedrática de Filosofía da UNED en Madrid):
A miña conferencia versará sobre Espazo Ontolóxico e Causalidade Transcendental (Linguaxe, Tempo e Límite), pero penso que o título debe ser unha sinxela homenaxe a Heidegger-Aristóteles, e dende logo á amada Galicia, e dicir así: "Espazo e Ausencia: o Misterio do Devir do Ser".
Uriel Fogué (Arquitecto, profesor da UEM de Madrid).
“Murder, She Wrote: El caso de los mediadores arquitectónicos,los parajes relacionales y los dispositivos realizativos”
O xiro hermenéutico irrompe como un acontecemento de implicacións cruciais para a arquitectura. Martin Heidegger, Hans Georg Gadamer ou Gianni Vattimo, entre outros, poñen en obra unha vía de desontificación do obxecto (arquitectónico) o proceso da cal (de debilitamento do "modelo
motor") leva consigo unha re proposición do despregamento arquitectónico como unha paraxe ensamblada por xogadas espaciais mediadas esteticamente.
2ª xornada: xoves 5 de novembro de 2009
Investigacións en torno á causa formal.
A ARQUITECTURA COMO CONCEPTO.
As "formas" (eidos) como conformadores da materia. As arquitecturas da imaxinación.
José Pérez de Lama (Arquitecto, profesor da ETSA de Sevilla):
Conceptos arquitectónicos. Félix Guattari.
A fabricación de conceptos como creación. Outros conceptos arquitectónicos para outros acontecementos do real. Compoñendo as ideas de máquina e de ecosofía segundo Felix Guattari: máquinas ecosóficas
3ª xornada: xoves 12 de novembro de 2009
Investigacións en torno á causa material.
A ARTE COMO MIMESIS DA NATUREZA.
A natureza (physis) como límite das actuacións da tecnoloxía (téchne).
Ignacio Pérez-Jofre (Artista, profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra):
"Materia cubriente. A pintura como proceso de ocultamento e interpretación ".
Partindo do meu traballo recente, vou facer unha reflexión sobre as miñas implicacións do uso da pintura como materia que recobre e transforma unha imaxe subxacente que funciona como
transposición do real.
Fernando Espuelas (Arquitecto, profesor da UEM de Madrid).
4ª xornada: xoves 19 de novembro de 2009
Investigacións en torno á causa eficiente.
A ARQUITECTURA E A ARTE COMO SUPERESTRUTURA CULTURAL.
A tradición e a Historia como contextos antropolóxicos explicativos da arte. A Historia da arquitectura, reflexo da Historia do home: unha visión antropocéntrica.
Elena Freire Paz (Profesora USC en Lugo).
5ª xornada: xoves 26 de novembro de 2009
Investigacións en torno á causa final.
A ARQUITECTURA E A ARTE COMO DESVELAMIENTO DA VERDADE (ALÉTHEIA).
Estética, ética e hermenéutica. A coexistencia pacífica das catro causalidades en
unha arquitectura para o século XXI.
Izaskun Chinchilla (Arquitecta)
A CONSTRUCCIÓN DE PARADIGMAS EN ARQUITECTURA.
O relatorio explorará, a través do texto de Thomas Kuhn "A Estrutura das Revolucións Científicas", a aplicabilidade do concepto de paradigma ao ámbito arquitectónico. Así mesmo se analizarán os procesos de formación dalgúns deses paradigmas que influencía a arquitectura contemporánea.
Ignacio Castro Rei (Filósofo, escritor e crítico de arte).
“Diseño y oscurantismo. ¿Qué oculta la velocidad contemporánea?”.
Fronte a unha arquitectura veloz, preventiva ante a lentitude de habitar, só se trata de "pensar no que facemos" (H. Arendt). Non hai quizais nada que opoñer a esta deriva espectacular da edificación actual, ningunha alternativa que ofrecer nun plano global. Deféndese soamente compensar a nosa relixión do despegue e a velocidade cun novo materialismo do repouso, unha cultura do absoluto local. Baixo a idolatría da visibilidade, quereriamos edificar unha antropoloxía do espectral, unha nova metafísica da finitud. Debemos rodear ironicamente a transcendencia "apolínea" dos nosos espazos diáfanos cunha nova empatía coa ruína. Un pouco ao xeito do que intenta certa poética contemporánea que importa moito á arquitectura, unha poética que vai de Aleksandr Sokurov a Nick Cave, de Bill Viola a Peter Handke.
Non existen adxuntos asociados
Non existen imaxes asociadas
Non existen videos asociados