1. Obxectivos:
Coñecer a filosofía de traballo de Adobe PhotoShop, Illustrator,Brigde e Indesign, a súa interacción entre eles realizando exercicios de retoque fotográfico e de ilustración para presentacións gráficas adaptadas á Arquitectura.
2. Desenvolvemento e sesións.
Curso implantado en 8 sesións de 3 horas cada unha. Duración total 24 horas. O curso desenvolverase a 3 ª e 4ª semana de xaneiro de luns a xoves en horario de 19:00-22:00.
3. Profesorado.
D. José Carlos Martínez Valcarcel.
Actividade profesional
Arxila Producciones, GACETA DE LUGO, DYGRA MULTIMEDIA, DYGRA FILMS (O Bosque animado), Fran Lorenzo Producciones.
Profesorado:
1998- 2001 Universidade dá Coruña.
-Como profesor no apartado "Imaxe vectorial, Imaxe bitmap" no Master de "Comunicación Dixital e Multimedia". 2002- 2004 Universidade dá Coruña. a Escola de Artes PabloPicasso de A Coruña.
"Deseño Asistido por Ordenador" dos ciclos de Gráfica Publicitaria e Ilustración respectivamente en
2005-2009. Escola de Arte e Deseño Superior de Lugo "Ramón Falcón"
Tecnoloxía Dixital en 2º de Deseño Gráfico, Taller 3 D- Texturización en 3º de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores e Informática Básica no ciclo de grao medio de Serigrafía Artística.
4. Lugar de celebración e datas:
No Salón de Actos de COAG Lugo en horario de 19:00-22:00 os días:
lunes 18-martes 19-mércoles 20-xoves 21 de xaneiro 2010
lunes 25-martes 26-mércoles 27- xoves 28 de xaneiro 2010
5. Ordenadores.
Cada alumno asistente achegará o seu propio ordenador portátil.
6. Alumnos
Se abre un prazo de inscripción ata o día 13 de xaneiro 2010.
Para inscribirse, unha vez aboadas as tasas no numero de conta
– 2100 2335 53 0200110847-La Caixa
enviarase un mail co nome do alumno e os datos fiscais para facturación ( so no caso de precisar factura):
correo electrónico a: lugo@colexiodearquitectos.org
O número de plazas para o curso e de 15 persoas.
7. Custo do curso.
O prezo de matrícula para
colexiados COAG 75 euros
non colexiados 95 euros
1ª semana: ADOBE PHOTOSHOP: TRATAMENTO DE IMAXES DIXITAIS
Luns 18 xaneiro:
1. Introdución a Photoshop
Introdución: Mapa de bits versus imaxe vectorial. Características de ambos os dous. Interactuación de programas.
Photoshop como estudio fotográfico e ferramenta de Deseño Gráfico. A ilustración dixital.
O aerógrafo. Filosofía de traballo. Comandos e atallos principais.
2. Traballo con seleccións
Ferramentas de selección rectangular e circular. Vara máxica. Selección por lazo.Combinar modos de selección. Selección e contido. Calados. Duplicar.
Transformación de seleccións. Transformación libre. Gardar e cargar selección:
canles. Selección por gama de cores. Máscara rápida.
Martes 19 xaneiro
3. Capas.
Creación de capas. Visualización e orde de capas. Edición e organización de capas. Sistema de traballo con capas.Obxecto intelixente.
4. Niveis, Saturación e equilibrio de cor.
Niveis de imaxe, histograma, tons altos, medios e baixos. Niveis automáticos.
Efecto de transición. Repetir valores de niveis.
Saturación. Cambiar o ton, a saturación e brillo dunha imaxe. Tinguir de cor.
Repetir valores de cor.
Equilibrio de cor, aplicar valores. Balance de cor.
Mércores 20 xaneiro
5. Obtención da imaxe dixital
Dixitalización mediante uso de escáner.
Resolución.
Modos de cor.
6. Técnicas de montaxe fotográfica
Ferramentas de retoque e control.
Xoves 21 xaneiro
7. Formatos
Formatos de imaxe. Resolución e tamaño.
8. Texturas e efectos
Técnicas de creación de texturas. Texturas e patróns.
Creación de pinceis.
Creación de texturas con pinceis.
2ª semana: ADOBE ILLUSTRATOR, ADOBE BRIGDE, ADOBE INDESING
Luns 25 xaneiro
ILLUSTRATOR: FERRAMENTA VECTORIAL
Partindo dende cero, adquiriranse os coñecementos necesarios deste
programa para conseguir calquera tipo de deseño creativo: unha ilustración, un plano coloreado, ou un cartel.
Así como a súa combinación con PhotoShop para dar novas formas de presentar as nosas ideas.
1. Introdución a Adobe Illustrator
Área de traballo: menús, paletas.
Aspectos básicos do debuxo vectorial: trazo e recheo.
Transformación de obxectos.
2. Trazados
Trazados libres.
Paleta Buscatrazos.
Martes 26 xaneiro:
3. Traballo con documentos vectoriais
Importación de imaxes.
Preparación do documento.
4. Traballo con textos
Principais ferramentas de Texto.
ADOBE BRIGDE: A NOSA CABINA DE COMANDOS
Coñecer a interactuación de varias aplicacións e a administración de
imaxes.
1. Os nosos arquivos.
Tratamento de varias imaxes.
A foto Raw.
Traballo por lotes.
Mércores 27 xaneiro
ADOBE INDESING: MAQUETACIÓN E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS
Aprenderemos nocións elementais do programa, o seu xeito de traballar e a
combinación de todo o asimilado ata agora, para presentar os nosos
proxectos e crear documentos pdf válidos para a web e tamén
para imprenta.
1. Fundamentos da autoedición.
Obxecto e contido.
Colocar imaxes.
2. Páxina e páxina mestra. Creación de páxinas mestras.
Como crear a nosa retícula.
Numeración automática de páxinas.
3. Maquetación e control de tipografías.
Texto e caixa de texto.
Kerning e Tracking.
Interletrado e interlineado.
Columna e parágrafo.
Xoves 28 xaneiro
4. A xestión das ilustracións, as imaxes, o texto e a súa importación.
Imaxes con canles alfa.
Creación de estilos e tratamento da cor.
Interacción con Illustrator e PhotoShop.
5. Impresión de traballo: PDF e fontes.
Creación de táboas e libros
Creación de PDF-X e PDF para web.
Non existen adxuntos asociados
Non existen imaxes asociadas
Non existen videos asociados