Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/08/2016 | Publicacións Técnicas

i-VISIBLES

Dende a Comisión de Arquitectura e Territorio do Colexio de Arquitectos de Lugo lanzamos a iniciativa: i-VISIBLES. Cun doble obxectivo: ver e ser vistos, ensinar e ensinarnos, en definitiva, dar luz e visibilidade ó traballo do colectivo de arquitectos na provincia de Lugo para, pouco a pouco mostrar todo un conxunto das obras comprometidas cos nosos clientes e coa nosa paisaxe.

Por un lado procuramos obter maior visibilidade do traballo realizado tanto para a sociedade como para o propio colectivo. Mostrarnos implica coñecernos para intercambiar experiencias e solucións.

Este mapeado de obras non está condicionado  por estilos, localización ou tipo de obras, tan só se presenta a condición de ser obra construída dentro da provincia de Lugo, sen limite temporal e dentro das categorías de: obra nova, rehabilitación, deseño interior, edificios públicos e espacios públicos. Todo o conxunto de traballos deben presentarse baixo o formato adxunto para a súa posterior carga nas redes sociais da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos. Esta pauta de orde permite unificar os formatos para nun futuro plantexar unha publicación ou exposición.

 

ORGANIZACIÓN

-Os traballos cargaránse semanalmente nas redes sociais do COAG Lugo ( Facebook/Twitter)

-A entrega dos pdf realizaráse via correo electrónico á dirección secretaria.lugo@coag.es con resolución mínima de 300ppp e máxima de 600 ppp.

-Os traballos serán cargados por orde de entrada.

-A presentación debe ceñirse estrictamente ó formato adxunto como plantilla.

-Non se plantexa a existencia dun xurado ou comisión que evalúe os traballos.

-A única condición para a súa presentación é a de estar colexiado no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e que a obra se circunscriba na provincia de Lugo.

-O envío da documentación faculta á Comisión para a súa difusión. En ningún caso se manipulará a documentación entregada.

-Para calquera dúbida contactar a través do correo: seceretaria.lugo@coag.es

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario