Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

08/02/2016 | Noticias

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2015 pola que se establece o Plan de inspeccións en materia de certificación enerxética de edificios para o ano 2016.

O Real decreto 235/2013, do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación enerxética dos edificios, regula nos seus artigos 9 e 10 o control dos certificados de eficiencia enerxética, así como a inspección para a comprobación e vixilancia do cumprimento da obriga da certificación de eficiencia enerxética de edificios, actuacións que corresponden aos órganos competentes de cada comunidade autónoma.

Se aproba o Plan de Inspeccións para un período de 9 meses desde a presente resolución co fin de comprobar e vixiar o cumprimento do procedemento da certificación de eficiencia enerxética de edificios.

O Plan de inspeccións realizarase sobre unha mostra representativa dos CEE rexistrados no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (procedemento IN413D).

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

DOG 26/01/16


INEGA

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario