Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/02/2016 | Noticias

"Unfinished" Bienal de Venecia 2016

Entre o 28 de maio e o 27 de novembro de 2016 terá lugar a celebración da décimo quinta edición da Bienal Internacional de Arquitectura de Venecia, que nesta ocasión ten como tema "Reporting from the Front", baixo a dirección do arquitecto chileno Alejandro Aravena, Premio Pritzker 2016.


Os Comisarios do Pavillón de España, Iñaqui Carniceiro e Carlos Quintáns, na exposición "Unfinished" exporán unha reflexión acerca das arquitecturas inacabadas co fin de descubrir virtudes que poidan converterse en estratexias de deseño. "Unfinished"  pretende recoller o maior número de exemplos de arquitecturas que respondan a esta temática. Para iso, fan esta convocatoria, cuxo obxecto é a selección de obras construídas en territorio español para a súa exposición no Pavillón de España da Bienal de Venecia 2016.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario