Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

25/02/2016 | Convocatorias

Charla-coloquio: Territorio Clima Arquitectura. ¿Un futuro inevitable?

Baixo o título de "Territorio Clima Arquitectura. ¿Un futuro inevitable?" celebrarase unha charla-coloquio aberta ao público en xeral, organizada polos arquitectos participantes na Convocatoria do COAG LUGO  con motivo da celebración do Día Mundial da Arquitectura, xunto á Comisión de Arquitectura e Territorio deste delegación.

A mesa estará formada polos tres compañeiros que tratarán diferentes posibilidades e dificultades para realizar Arquitectura Sustentable, xunto con tres profesionais de distintas disciplinas que achegarán temas e opinións desde ópticas distintas; dando lugar á posterior intervención dos asistentes.

Celebrarase o Xoves 25 de Febreiro ás 20:00h no salón de actos da delegación de Lugo do COAG.
Convídase e anima á participación de todos, coa finalidade de trasladar unha visión tanto máis rica canto máis ampla e heteroxénea sobre un tema que nos preocupa a todos.

-Arquitectos participantes e temas a expoñer:

Anxo Sánchez González. Un futuro certo/incerto. O estándar passivhaus

Santiago Catalán Tobía. O ámbito académico. Dificultades do arquitecto para o desenvolvemento da arquitectura.

Paul Van der Mel. Rehabilitación de arquitectura popular anónima como arquitectura sustentable.

-Participantes invitados:

Adela Figueroa. Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía. Máster en Educación ambiental. Ex-presidenta de ADEGA

Jorge de Viveiro. Profesor de literatura. Escritor, articulista e conferenciante. Cofundador de "Vos Verdes"

Manuel Guaita. Enxeñeiro Agrónomo. Catedrático da USC. Director de PEMADE e do Máster en Enxeñería da Madeira Estrutural.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario