Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/03/2016 | Plameamento

Xornada de Presentación. Catálogo das Paisaxes de Galicia

Con motivo da exposición pública do Catálogo das Paisaxes de Galicia a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vai celebrar unha Xornada de Presentación do Catálogo das Paisaxes de Galicia destinada aos profesionais, asociacións e grupos de investigación vinculados ao estudo, protección ou xestión da paisaxe. Esta xornada terá lugar o día 1 de Marzo ás 10:30 h no Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela.

O Catálogo das Paisaxes de Galicia é un instrumento legal para a protección, xestión e ordenación da paisaxe, recollido no capítulo III da Lei 7/2008 de Protección da paisaxe de Galicia. Trátase dun documento técnico que aborda a primeira etapa do proceso de planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, e que inclúe a identificación dos tipos de paisaxe, a delimitación das unidades de paisaxe, o inventario de valores paisaxístico, a delimitación de áreas de especial interese paisaxístico e a análise das causas e o estado actual da paisaxe.  O Catálogo servirá de base para a elaboración das Directrices da Paisaxe e, xunto con estas, dará soporte aos diferentes instrumentos de ordenación territorial e urbanística.

O 12 de febreiro iniciouse o trámite de información pública deste instrumento, por Orde da Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, por un período de dous meses, durante o cal calquera interesado poderá dirixir as alegacións que considere pertinentes ao Instituto de Estudos do Territorio.

 

(Ver noticia anterior nesta web)

Visor Xeográfico do Catálogo.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario