Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

28/04/2016 | Celebracións

Arquitectura Sen Fronteiras presenta en Lugo “El derecho a un techito”

 

A sede do COAG en Lugo acollerá o xoves 28 de abril ás 20.30h a proxección do documental que mostra o traballo de Arquitectura Sen Fronteiras en Guatemala durante o últimos oito anos sobre o dereito a unha vivenda digna.
Di a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que todas as persoas temos dereito a unha vivenda digna. A un fogar. En Guatemala ou en Galicia. A idea subxacente é que todo o mundo necesita un espazo para vivir e desenvolverse integralmente.
A ONGD galega Arquitectura Sen Fronteiras (ASF) leva máis de dezaoito añostrabajando en Guatemala para mellorar o acceso a unha vivenda digna, adecuada e saudable para as persoas máis empobrecidas.
Guatemala ostenta a dubidosa honra de ser un dos países máis desiguais do mundo, cunha taxa de persoas sufrindo pobreza do 53.7%, (INE, 2013). Non é de estrañar por tanto que case a metade da poboación do país viva en infravivendas de autoconstrucción que non cumpren cunhas condicións hixiénicas e de seguridade mínimas. Esta situación afecta directamente á súa saúde, e tamén os fai vulnerables ante as inclemencias meteorolóxicas, os terremotos, os incendios ou a violencia.
Así mesmo, non contar cun espazo adecuado minimiza a súa autoestima e a súa capacidade para romper o círculo da pobreza.
O pasado mes de novembro tres voluntarios da ONGD AGARESO (Asociación Galegade Reporteiros Solidarios) desprazáronse ata a costa sur de Guatemala, dondetrabaja ASF, para rodar o documental ? O dereito a un techito ? que centra o seu atenciónno só no traballo de ASF e os seus socios no país, senón no porqué desta situación,contextualizando unha realidade complexa, e apoiando a idea da vivenda non comouna mercadoría, senón como un dereito.
O pasado mes de novembro tres voluntarios da ONGD AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) desprazáronse ata a costa sur de Guatemala, onde traballa ASF, para rodar o documental ? O dereito a un techito ? que centra a súa atención non só no traballo de ASF e os seus socios no país, senón no porqué desta situación, contextualizando unha realidade complexa, e apoiando a idea da vivenda non como unha mercadoría, senón como un dereito.
A peza, de 25 min, proxectarase o xoves 28 de abril ás 20.30h na sede do COAG de Lugo. T nivel a proxección terá lugar un coloquio con membros de ASF implicados no desenvolvemento do documental.
Tanto este documental, como o traballo que realiza ASF en Guatemala, é posible grazas ás convocatorias de proxectos de Cooperación Internacional que financia a Xunta de Galicia anualmente cos impostos de todas e todos.
SINOPSE ?O dereito a un techito?
En vinte días Raúl e a súa familia durmirán baixo un teito por onde non pasa a choiva. Nin o medo. Un techito que protexerá a Raúl e aos seus fillos por primeira vez na súa vida da violencia, da enfermidade, e da inxustiza que atenaza aos máis pobres de Guatemala. Un techito que lles quite as penas e énchalles de forzas para esixir os seus dereitos.
En Guatemala máis dun millón e medio de familias non teñen acceso a unha vivenda adecuada e saudable. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia traballa da man das súas contrapartes ASIAPRODI e FODHAP para promover, baixo a filosofía da produción social de vivenda, o dereito a un fogar digno para as persoas máis empobrecidas .

A sede do COAG en Lugo acollerá o xoves 28 de abril ás 20.30h a proxección do documental que mostra o traballo de Arquitectura Sen Fronteiras en Guatemala durante o últimos oito anos sobre o dereito a unha vivenda digna.

Di a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que todas as persoas temos dereito a unha vivenda digna. A un fogar. En Guatemala ou en Galicia. A idea subxacente é que todo o mundo necesita un espazo para vivir e desenvolverse integralmente.

A ONGD galega Arquitectura Sen Fronteiras (ASF) leva máis de dezaoito añostrabajando en Guatemala para mellorar o acceso a unha vivenda digna, adecuada e saudable para as persoas máis empobrecidas.

Guatemala ostenta a dubidosa honra de ser un dos países máis desiguais do mundo, cunha taxa de persoas sufrindo pobreza do 53.7%, (INE, 2013). Non é de estrañar por tanto que case a metade da poboación do país viva en infravivendas de autoconstrucción que non cumpren cunhas condicións hixiénicas e de seguridade mínimas. Esta situación afecta directamente á súa saúde, e tamén os fai vulnerables ante as inclemencias meteorolóxicas, os terremotos, os incendios ou a violencia.

Así mesmo, non contar cun espazo adecuado minimiza a súa autoestima e a súa capacidade para romper o círculo da pobreza.

O pasado mes de novembro tres voluntarios da ONGD AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) desprazáronse ata a costa sur de Guatemala, onde traballa ASF, para rodar o documental "El derecho a un techito" que centra a súa atención non só no traballo de ASF e os seus socios no país, senón no porqué desta situación, contextualizando unha realidade complexa, e apoiando a idea da vivenda non como unha mercadoría, senón como un dereito.

A peza, de 25 min, proxectarase o xoves 28 de abril ás 20.30h na sede do COAG de Lugo. T nivel a proxección terá lugar un coloquio con membros de ASF implicados no desenvolvemento do documental.

Tanto este documental, como o traballo que realiza ASF en Guatemala, é posible grazas ás convocatorias de proxectos de Cooperación Internacional que financia a Xunta de Galicia anualmente cos impostos de todas e todos.

SINOPSE "El derecho a un techito"

En vinte días Raúl e a súa familia durmirán baixo un teito por onde non pasa a choiva. Nin o medo. Un techito que protexerá a Raúl e aos seus fillos por primeira vez na súa vida da violencia, da enfermidade, e da inxustiza que atenaza aos máis pobres de Guatemala. Un techito que lles quite as penas e énchalles de forzas para esixir os seus dereitos.

En Guatemala máis dun millón e medio de familias non teñen acceso a unha vivenda adecuada e saudable. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia traballa da man das súas contrapartes ASIAPRODI e FODHAP para promover, baixo a filosofía da produción social de vivenda, o dereito a un fogar digno para as persoas máis empobrecidas .

Acceso ó trailer: https://www.youtube.com/watch?v=YS7zanvPtY4

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario