Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

10/06/2016 | Convocatorias

Congreso “Rexeneración urbana e territorial dende a intervención en edificios”

REXENERACIÓN URBANA E TERRITORIAL DENDE A INTERVENCIÓN EN EDIFICIOS


As novas preocupacións por cuestións relacionadas pola eficiencia enerxética e a sustentabilidade non deben facernos esquecer a relación do edificio e a súa contorna.
É necesario reflexionar sobre a forma de actuar nos nosos edificios, nas nosas cidades, no noso rural….na nosa paisaxe. A oportunidade que xorde coa rehabilitación do parque edificatorio pode aproveitarse entre outras para rexenerar espazos urbana e socialmente degradados, para poñer en valor a arquitectura tradicional ou para fixar poboación nos centros históricos e no rural.
Por desgraza hoxe en día aínda é habitual atoparnos con actuación sen criterio que poderiamos enmarcar dentro do coloquial termo de feísmo. Edificios inacabados ou a reutilización de elementos de forma inadecuada levaron a que nos atopemos cunha paisaxe no que, o desacerto duns poucos emborrona a paisaxe de todos.
É importante analizar exemplos claros que sirvan como guía da calidade que deberían ter as intervencións. Un bo punto de partida é coñecer máis en detalle proxectos que nos amosen diferentes formas de intervir en situacións nas que a proposta xira en torno á recuperación de edificios, a súa situación e a súa contorna. Intervir dende o respeto ao edificio e á paisaxe no que se integra ou propoñer actuacións que sirvan de referencia cando a contorna está degradada son cuestións que se plasman nos distintos proxectos que se verán durante o congreso.
DATA DE CELEBRACIÓN
10 e 11 de Xuño de 2016
LUGAR DE CELEBRACIÓN
Salón de actos Excelentísima Deputación Provincial de Lugo
Rúa San Marcos s/n
27001. Lugo
COSTE DA INSCRICIÓN
Gratuíta
NÚMERO DE PRAZAS
140 prazas. Por rigorosa orde de recepción de inscricións.


PROGRAMA E INSCRICIÓN

FACEBOOK

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario