Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

24/05/2016 | Xornadas

Compostela Rehabilita con Enerxía

O Consorcio de Santiago organiza uns talleres para que a cidadanía mellore a xestión da enerxía nas súas vivendas

O Consorcio de Santiago vai celebrar a vindeira semana varios talleres da enerxía dirixidos aos cidadáns, en colaboración coa Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos-. O Consorcio é un dos 23 socios deste proxecto, xunto con institucións, axencias de investigación, universidades e empresas de toda Europa.

 

Baixo o lema "Rehabilita con enerxía!", organizarase o Laboratorio Urbano da Enerxía e Taller Participativo Cidadán, unha idea do Consorcio que conta co apoio da Concellaría de Educación. Estas xornadas diríxense a calquera cidadán con interese pola rehabilitación urbana, a eficiencia enerxética e a loita contra o cambio climático, en particular aos que habitan edificios ou vivendas con recoñecido valor dende o punto de vista do patrimonio histórico, ou mesmo construídas antes do ano 1945, aínda que a participación está aberta a todos. "Búscase así a implicación dos habitantes da cidade que se sentan comprometidos e preocupados coa xestión intelixente da enerxía nas súas vivendas, con especial atención ao ámbito da cidade histórica de Santiago", sinala Ángel Panero, arquitecto e responsable científico do proxecto EFFESUS no Consorcio de Santiago.

 

Noso compañeiro Anxo Sánchez González participa como relator experto en arquitectura e construción eficiente.

Para máis información, prema aquí.

 

Adxúntase tríptico dos talleres:

 

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario