Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

18/07/2016 | Cursos

Curso de verán da UDC: HABITAR O CAMPO EN GALICIA

Habitar o campo en Galicia, relación entre os modos de vida e o soporte territorial

Curso de verán da Universidade da Coruña, en colaboración co profesor Manuel Docampo, o concello de Sarria e a Deputación de Lugo.
Celebraráse en Sarria entre os días 31 de Agosto e 3 de Setembro.

O curso está dirixido a alumnos de últimos anos de grao, de máster, ou egresados e profesionais das distintas ramas da Arquitectura, o Urbanismo e as Ciencias Sociais que poidan estar interesados no desenvolvemento local e territorial. Quérese facer chegar as xornadas a expertos e investigadores consolidados que poidan contribuír ao debate, que consideramos esencial, sobre os temas que se tratan.

As transformacións económicas, sociais e políticas que teñen lugar dende a década do 1960 produciron profundos cambios nos territorios de matriz rural. Desta ruptura, deriva unha fonda transformación da relación entre o medio e os habitantes, dando como resultado modos de vida novos, diversos e cambiantes, que se desenvolven no marco das estruturas rurais preexistentes. Este curso pretende realizar unha reflexión teórica e unha análise práctica sobre estes modos de vida actuais no rural en galicia, procurando vías para o desenvolvemento destes ámbitos.

Máis información en:

-Facebook

-Fanzine

-Matrícula.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario