Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

27/07/2016 | Xornadas

XORNADA DÍALOGOS COA PAISAXE CONSTRUÍDA

Co fin de afrontar os novos retos que ten por diante o URBANISMO e a PAISAXE CONSTRUÍDA como espazo vivo que transmite o que somos, a Xunta de Galicia , a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, organiza unha XORNADA, para compartir e impulsar modelos de protección e xestión responsable da paisaxe en consonancia co urbanismo. Unha XORNADA dirixida a técnicos que interveñen na transformación do territorio.

 

A xornada celebrarase o 27 de xullo, no salón de convencións da Cidade da Cultura (Edificio Cinc), Santiago de Compostela.

 

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo abrirá a xornada ás 10:30 h.

 

Achegamos programa e as inscricións deberán formularse antes do xoves 21de xullo ás 15 h, no seguinte enlace

 

Mais información: 981 54 43 56

 

27 de XULLO de 2016 Santiago de Compostela. Cidade da Cultura. Edificio Cinc - Salón de convencións.

 

XORNADA

DÍALOGOS COA PAISAXE CONSTRUÍDA

 

PROGRAMA

10.00 Recepción asistentes

 

10.30 APERTURA XORNADA

Alberto Núñez Feijóo: Presidente da Xunta de Galicia

Beatriz Mato : Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

 

11.00 MR. DAVID CHIPPERFIELD – D. ANTONIO MAROÑO:

Estudo medioambiental, desenvolvemento e protección de Arousa Norte

Director David Chipperfield Architects

Decano do Colexio de Arquitectos de Galicia

12.00 Descanso

12.30 D. LUIS ANDRÉS ORIVE- Dª ISABEL AGUIRRE:

O Anel Verde de Vitoria-Gasteiz

Director do Centro de Estudos Ambientais Concello de Vitoria- Gasteiz

Directora da Escola Galega da Paisaxe.


 13:30       Clausura

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario