Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

15/08/2016 | Noticias

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PARA AS ACTUACIÓNS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

A guía recolle aspectos relacionados coa técnica, documentación, materiais e diferentes solucións, dende a pequena obra para mellorar unha cuberta ata o criterio para integrar no seu contorno unha infraestrutura.

Cada caso precisará dun estudo propio, pero a guía ofrece exemplos prácticos e documentación gráfica que serán de moita utilidade, tanto para os usuarios como para os técnicos e o persoal da Administración pública.

Por medio destas ferramentas preténdese mellorar a calidade das intervencións e a súa integración acaída cos valores culturais dun territorio que pode verse ameazado ás veces por falla de información, apoio ou referencias axeitadas.

 

Descárgaa aquí.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario