Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/09/2016 | Concursos

VI Edición Concurso Acertos e Desastres

O concurso é aberto, anónimo, gratuido e as imaxes presentaranse a través do correo electrónico de La Voz de Galicia en Lugo: redac.lugo@lavoz.es e as fotos poderánse ver tanto na web do colexio: www.coaglugo.es, como na edición de Lugo de La Voz: www.lavozdegalicia.es/lugo/.

A selección das fotografías terá en conta tanto as calidades arquitectónicas, constructivas e interese social do fotografiado como a súa oportunidade de reseñalas, apreciándose asemade a calidade compositiva da propia fotografía. O COAG pretende con este tertame xa consolidado valorar e estimular o interes cidadán para formar conciencia dos feitos, xa sexa acertos ou desastres na contorna do monumento romano.

O certame ábres este 1 de setembro e as bases pódense consultas tas citadas páxinas web. Poderanse presentar un máximo de cinco fotografías en cada categoría ata untotal de dez por participante ou IP. Deben ser fotos orixinais e inéditas, nonpremiadas en ningún outro concurso, e non está permitido participar con fotos alleas. As persoas que resulten gañadoras deberán presentar a cámara fotográfica ( móbil ou outro dispositivo dixital ou analóxico) coa que realizou a foto e a imaxe fotográfica orixinal, como dato que certifique a súa autenticidade.

As fotos deben presentarse en formato jpg e ter unha calidade suficiente para poder serimpresas, con catro megapíxeles de resolución (2272 x 1704 pixeles). Os participantes deberán aportar os seus datos persoais ( que se manterán no anonimato), tal e como estipulan as bases. Durante todo o mes de setembro recolleránse as fotos en redac.lugo@lavoz.es . Unha vez recibidas, o xurado disporá dunha emana para a preselección das dez mellores fotos (10 acertos e 10 desastres) que posteriormente se someterá a votación pública na web de La Voz de Galicia.

 

PREMIOS

 

Os obsequios para os gañadores son honoríficos e concederánse dous primeiros e dous áccesits. Os gañadores de cada categoría oberán un lote de libro do COAG a escoller do fondo dispoñible e valorado en 100 euros. Os dous áccesits serán outro lote de libro do fondo do Colexio valorados en 25 euros. Para escoller no fondo editorial pódese consultar o link http:/tienda.coag.es/.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario