Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
20/10/2016 | Xornadas
O traballo da arquitectura require dunha serie de coñecementos de tipo administrativo e técnico que habitualmente non se explican nas escoas e que son imprescindibles para poder enfrentarse ó exercicio profesional.
As presentes xornadas pretenden aportar luz sobre conceptos básicos como as obligacións fiscais dun estudo de arquitectura, as coberturas dos sistemas de previsión social, a obrigatoriedade de contratar un seguro de responsabilidade civil ou cómo xestionar un proxecto a través da web colexial.
Estas xornadas, gratuítas para os membros do COAG, están especialmente dirixidas aos colexiados que se incorporaran nos últimos anos, pero tamén están abertas a aqueles que queiran profundizar nas materias incluidas no programa.
As xornadas estructúranse en 4 bloques temáticos:
- Xornada 1. Sistemas de previsión de saúde
- Xornada 2. Fiscalidade
- Xornada 3. Colexiación
- Xornada 4. Seguros de responsabilidade civil
Poñentes:
- Monserrat Marcos León. Asesora ADESLAS.
- Carlos Cora. Experto en fiscalidade.
- Pepe Hermo. Arquitecto. Membro do consello de administración de ASEMAS en representacion de Galicia.
- Cristina López Eimil. Arquitecta de visado do COAG.
Datas:
- 15 e 29 de setembro.
- 20 e 27 de octubro.
Horario:
19:00 - 21:00.
Lugar:
Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Rúa Puro Cora Xornalistas, 1. Lugo.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.