Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

27/01/2017 | Exposicións

Exposición gráfica Torres de SAN PAIO de Narla

Esta exposición trata dun estudo gráfico-arquitectónico da fortaleza baixomedieval de San Payo de Narla na provincia de Lugo (Friol), tirado a partires dunhos debuxos anteriores a reconstrucción realizada no periodo renacentista por Vasco das Seixas que se atoparon no Arquivo da Real Chancillería de Valladolid, que datan do ano 1510

 

RESUMO

A orixe e evolución da fortaleza baixomedieval de San Payo de Narla, sita na antiga bisbarra de Narla (suroeste de Lugo) estudada desde: a formación da estructura militar, destrucción polos Irmandiños, transformacións (restitución territorial, pleito Tabera-Fonseca e ata o século XX) e as rehabilitacións. Completouse cun estudio das fortalezas próximas e, a veces, dos seus mesmos parentes. Tamén facemos referencias as edificacións, labras heráldicas e sartegos coas armas dos Seixas: Capela da Madalena (Sobrado), Catedral de Santiago, Betanzos, Sada de Enriba, Outeiro de Rei,…

 

O método de traballo: estudio histórico (introducción o Medievo galego, crisis do feudalismo, a arquitectura defensiva militar galega e a súa evolución, orixe e referencia histórica (Catastro Marqués Ensenada), emprazamento (Diccionario de Sebastián de Miñano e Pascual Mádoz), formación das fortificacións defensivas e militares, funcións das fortalezas na vida social e colectiva (residencial, económica e centro da administración territorial), características e restos materiais, estudio arquitectónico (a edificación (torre da homenaxe, corpo central e torreón/s), a capela, escudos de armas, xanelas historiadas, chemineas, signos lapidarios, linaxe e xenealoxía), estudio constructivo (estereotomía da pedra, composición e labra das xanelas, chemineas, patios, escaleiras, porta principal, os muros, os forxados, a cuberta, as bóvedas, os ocos interiores e os elementos singulares) e estudio gráfico con planos en 3D: transformacións do conxunto por fases, reposición o estado inicial, destrucción polos Irmandiños, reconstrucción por Vázquez das Seixas (os nobres), transformacións, e rehabilitación o estado actual. Evolución das fábricas por etapas e patoloxías actuais. Glosario de Arquitectura Defensiva Medieval

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario