Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

08/06/2017 | Xornadas

O formigón celular e o vidro celular nos edificios de consumo de enerxía case nulo

XORNADA TÉCNICA

O formigón celular e o vidro celular nos edificios de consumo de enerxía case nulo (EECN, nZEB). Sistemas e solucións:

YTONG e FOAMGLAS

 

 

DATA: 8 de xuño de 2017, 17 horas

HORARIO: de 17 a 20:30 horas

LUGAR: Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos en Lugo

 

ORGANIZA: HD DISTRIBUCIÓNS

 

RELATORES:

Xullo Pérez Cuesta, arquitecto departamento técnico HD

Sergio Mateos, FOAMGLAS

 

OBXECTIVOS:

Expoñer a necesidade de cumprir as esixencias da Directiva 2010/31/UE do Parlamento Europeo para a implantación en 2020 (2018 para os edificios públicos) dos chamados edificios de consumo de enerxía case nulo (EECN) ou nZEB (Nearly Zero Energy Buildings).

Coñecer os sistemas construtivos de formigón celular YTONG e vidro celular FOAMGLAS que permiten cumprir todas as prestacións do CTE. O illamento continuo dos edificios permite a eliminación das pontes térmicas. A combinación destes sistemas xunto con outras estratexias (ventilación mecánica con recuperación de calor, enerxías renovables, etc.) axúdanos a conseguir edificios de consumo de enerxía case nulo (EECN).

Presentar solucións e detalles construtivos en fase de proxecto e de execución de obra.

 

PROGRAMA

A. Presentación: Don Raul J. Veiga, presidente colexio arquitectos Lugo

B. YTONG: Xullo Pérez Cuesta

1. EECN: Situación actual en España

2. Formigón celular Ytong:

a) material e sistema de construción

b) capacidade estrutural

c) características térmicas

d) características acústicas e resistencia ao lume

d) DAU 03/12 G Documento de adecuación ao uso

C.- FOAMGLAS: Sergio Mateos

1. O vidro celular FOAMGLAS e as pontes térmicas

2. Os edificios de alta higrometría

3. O lume

D.- PAUSA, CAFÉ:

1. Proba in situ de resistencia ao lume do formigón celular Ytong

E.- SOLUCIÓNS YTONG/FOAMGLAS: Xullo Pérez Cuesta

1. Detalles de proxecto e exemplos de execución de obra: desde a cimentación ata a cuberta.

F.- MESA REDONDA

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario