Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

02/10/2018 | Xornadas

DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2018

Ao elixir un tema diferente para a reflexión de cada ano, o Día Mundial da Arquitectura ten como obxectivo chamar a atención de profesionais e público en xeral sobre as cuestións relativas á mellora nas cidades e a vivenda.

 

A delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia presenta para a súa conmemoración unha xornada-coloquio sobre o Deseño da Cidade na que se proxectará o documental “ URBANIZED: O deseño das cidades” cun coloquio posterior aberto ao publico en xeral; que se celebrará o martes 2 de outubro ás 19:00 h no salón de actos da nosa delegación na rúa Puro Cora Xornalistas, 1.

 

Este é un documental achega da linguaxe e creación da cidade, que centra a atención nos problemas e estratexias do deseño urbano desde escenarios diversos de todo o mundo: India, Chile, Brasil, Colombia, Dinamarca, Estados Unidos, China, Inglaterra, Sudáfrica e Alemaña.

 

Os cambios nas formas de produción, organización do consumo e mobilidade de capitais, persoas e bens, están a afectar de maneira profunda ao carácter das cidades. O global e o local atópanse conectados de maneira inimaxinable nas sociedades tradicionais.

 

Máis da metade da poboación mundial vive actualmente en áreas urbanas e estímase que un setenta e cinco por cento farao en 2050. Pero mentres algunhas cidades están a experimentar un crecemento explosivo, outras se están comprimindo. Os desafíos por equilibrar vivenda, mobilidade, espazo público, compromiso cívico, desenvolvemento económico e políticas ambientais, convertéronse nunha preocupación universal. Aínda así, a maior parte do discursos sobre estes temas están desconectados da opinión pública.

 

A documental conta coa participación de renombrados arquitectos como Alejandro Aravena, Rem Koolhaas, Óscar Niemeyer e Norman Foster.

 

(Duración: 85 minutos.)

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario