Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

17/09/2019 | Concursos

Concurso para novos arquitectos

Este concurso deséñase co dobre criterio de permitir ilustrar, por unha banda, o potencial da industria ou a infraestrutura do transporte en degradación ou abandonada como recurso e oportunidade  parala activación económica e a mellora do espazo urbano (en termos funcionais, paisaxísticos e sociais); e, doutra banda, a contribución que ditas actuacións poden ter na construción dunha cidade máis sustentable e  resiliente, a través da súa a súa  RE-utilización e adaptación ás articulacións entre proxecto e cidade como obxecto de transformación dos sistemas (viario, espazos públicos e equipamentos)
No ámbito deste contexto convócase este concurso que ten como obxectivo incentivar e xerar propostas de estratexias de sustentabilidade que reduzan o impacto ambiental negativo  per  cápita da cidade na que se sitúe, salvagarde o valor do patrimonio industrial ou do transporte no que se interveña, mellore a mobilidade sustentable e supoña unha mellora social, económica, funcional e paisaxística para a cidade. Así mesmo, deben ser examinados os intereses de grupos sociais afectados ou destinatarios da operación, como axentes de transformación a mobilizar.

Para máis información, clika aquí.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario