Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

07/10/2019 | Noticias

Día Mundial da Arquitectura

Un ano máis, o primeiro luns de Outubro día 7 celebraremos o Día Mundial da Arquitectura. Este ano, a Unión Internacional de Arquitectos ( UIA) e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España ( CSCAE) poñen o foco sobre o desafío decisivo que representa a vivenda co lema … VIVENDA PARA TODOS. As arquitectas e arquitectos en toda España, traballamos colectivamente promovendo numerosas iniciativas en todos os Colexios de Arquitectos e desde o CSCAE, e, sobre todo, no noso día a día, comprometidos co benestar do conxunto da cidadanía.

 

E particularmente desde o Colexo Oficial de Arquitectos de Galicia este ano queremos dar un paso adiante. E queremos facelo buscando a implicación das institucións locais, as máis próximas á cidadanía que no noso caso será o noso propio Concello para que xuntos velemos e traballemos por garantir ese acceso a unha vivenda digna para todas as persoas.

 

Pero tamén contemplando, desde esta delegación en Lugo do Coag as urxentes esixencias de eficacia enerxética ante a loita contra o cambio climático e recollendo as propostas que desde o noso Concello fanse na plan LIFE Lugo + Biodinámico.

 

E isto enlazando con algún dos bos exemplos que temos nesta cidade doutras inciativas históricas de vivenda social, das cales se elixiron polo seu significado na consolidación da nosa cidade as seguintes:

 

Conxunto Montirón Irmáns Pedrosa e Francisco Norte (1948)

 

 

O grupo de vivendas máis emblemático da zona, o chamado “Hermanos Pedrosa-

Francisco Norte”, foi construído na posguerra

pola Organización Sindical para a “xente necesitada”. Na actualidade, e segundo

vixente PXOM, constitúe un elementocatalogado de protección ambiental.

 

Polígono Sagrado Corazón (1969)

 

 

O polígono edificiouse na segunda metade do século XX, acolléndose aos beneficios de vivendas de renda limitada e

 

promocionadas pola extinta Caja de Galicia. Ademais das construcións destinadas exclusivamente a usos dotacionais (colexio,

 

igrexa...), os edificios agrúpanse en cinco tipos diferenciados de bloques de vivendas. A tipoloxía é aberta. Foi declarada Área de

 

Rehabilitación Integral (ARI) en xullo de 2007.

 

 

Barrio Multiecolóxico da cidade de Lugo

 

Aínda coa data sen confirmar, celebrarase unha presentación na delegación colexial (rúa Puro Cora Xornalistas, 1) do novo barrio

 

Multiecolóxico, un dos eixos do LIFE Lugo + Biodinámico, situado na zona da Garaballa, a cargo do seu equipo redactor.

 

 

A revisión destas propostas realizadas no século pasado supoñen un adecuado punto de partida para coñecer este novo plan

 

habitacional para a cidade de Lugo para o futuro máis inmediato, entendéndoa como o desenvolvemento natural

 

contemporáneo ás novas esixencias da vivenda colectiva.

 

Este novo barrio, un dos eixos do LIFE Lugo + Biodinámico, desenvolverase na Garaballa, e terá a madeira como elemento estrutural

 

para a construción de vivendas, fomentando a produción e consumo sustentables e mitigando o cambio climático. Para o deseño e

 

construción destas vivendas terase en conta a inclusión de criterios bioclimáticos e de eficiencia enerxética. Neste espazo tamén se

 

levantará o edificio Impulso Verde, que será o primeiro edificio público que se construirá en madeira galega e no que se aplicará o

 

catálogo de medidas sustentables que prepara o Concello de Lugo da man da USC.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario