Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

17/02/2020 | Noticias

Entrevista a Carmen Figueiras, presidenta do Coag en Lugo. (El Progreso, 17 febrero 2020)

HAI POUCA CONCIENCIA DE QUE A ARQUITECTURA É UN BEN PÚBLICO”.

Un dos seus retos é implicar ao colexio na redacción de concursos públicos, pero o que hai son recursos da entidade contra eles. O Coag e o Consello Superior de Arquitectos buscan facer entender ás administracións que a arquitectura é un ben público. Existen varios métodos de licitación pública legais. Un é o concurso de proxectos, que é anónimo, ten un xurado específico e está encamiñado á obtención de anteproxectos para actuacións que revisten unha certa complexidade.

Tense pouco en conta o criterio profesional? Si. Entendemos que para facer unha boa arquitectura non debe darse importancia á baixada de honorarios dos arquitectos. En proporción co que custan as obras públicas son ínfimos. Que un arquitecto propoña baixar 5.000 euros e iso déalle moitísima puntuación eu creo que é un fallo. Hai pouca conciencia de que a arquitectura é un ben público.

Pensando no Lugo do futuro, hai quen mira a cidades como Vancouver e quen mira cara á urbes históricas como Mérida. Onde mira vostede? Á proporción. Cantos habitantes ten Lugo? 100.000 e perde. Non pretendamos ver onde non hai, é de sentido común. Eu normalmente vexo máis cousas ben feitas nas cidades pequenas que nas grandes. Pequenas actuacións en cidades pequenas renden moitísimo máis que grandes proxectos.

Débese facer unha praza onde está a actual estación de buses? Houbo moitas reflexións de moita xente nas últimas semanas bastante interesantes. No prego do concurso dise que a estación se tira si ou si. En base a que criterio? Tes que traballar con todo ese espazo, onde ademais quedará unha medianeira, coma se fíxose unha reflexión do que vai supoñer unha praza. Paréceme que é saltarse 350 pobos. É unha falta de respecto á cidade e ao Patrimonio da Humanidade.

Iniciativa privada ou a pública? A iniciativa pública ten que ser o exemplo para o privado. E o é? Eu teño un concepto moi elevado sobre o público. Hai pouco estiven en Monte Pío e pensaba que non se se outro presidente de comunidade ten unha vivenda que sexa referente da arquitectura nacional. Esa cousa que che dignifica ten que estar nun colexio, un hospital, unha pequena praza ou un PXOM. En Portugal vese moito porque ten unha escola moi potente e hai moito recoñecemento.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario