Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

14/01/2010 | Exposicións

O Museo Provincial presenta a exposición: Arqueoloxía 1990-2005

Hoxe , 14 de xaneiro de 2010, ás 20.00 horas,no Museo Provincial de Lugo inauguración da exposición ARQUEOLOXÍA 1990-2005. Vai permanecer aberta ao público ata o 28 de marzo. O Programa de Actividades Culturais Complementarias (consúlteo no desenvolvemento da nova) inclúe propostas para os grupos escolares e familiares, visitas técnicas e obradoiros para todo tipo de públicos.

A exposición reúne 440 pezas arqueolóxicas, unha selección ampla e representativa dos fondos arqueolóxicos depositados no MPL pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia entre o 1990 e o 2005, unha interesantísima escolma do quefacer arqueolóxico destes quince anos na provincia de Lugo.

Entrada gratuíta
__________Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242112
info@museolugo.org
__________

ler noticia completa