Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

05/05/2020 | Concursos

Arquitectura para un mundo mellor

Arquitectura para un mundo mellor

 

CONCURSO INFANTIL E XUVENIL

 

A delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca o I Premio “Arquitectura para un mundo mellor” co fin de dar a coñecer, entre os máis novos, a importancia que ten a Arquitectura na calidade de vida da sociedade.

 

LEMA: "A VIVENDA IDEAL"

 

O obxectivo destes premios é que os máis novos párense a reflexionar sobre como queren que sexan os espazos onde viven: Están ben estes espazos? Axústanse ao que eu quero? Que cambiaría? A situación actual ha provocado que esteamos confinados nas nosas casas polo que tivemos tempo de percorrer todas as súas habitacións buscando novos lugares de xogo, novos agochos, espazos nos que estar só e espazos nos que estar co resto da familia.

 

Puidemos xogar, ler, pintar, soñar, imaxinar, correr, tocar un instrumento, bailar, cantar, estudar, cociñar, durmir, comer, chatear con amigos e familia, e moito máis.

 

Tamén tivemos tempo para darnos conta de que cousas gústanme e que cousas non me gustan da miña casa. Que boto de menos? Se puidese como cambiaría a miña casa?. Como sería a miña casa ideal?.

 

Todala información, aquí.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario