Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

15/05/2020 | Noticias

RAMÓN CABARCOS: O BARRIO DO CARMEN DE LUGO.

RAMÓN CABARCOS: O BARRIO DO CARMEN DE LUGO.

 

O compañeiro da nosa delegación en Lugo do Coag Ramón Cabarcos fixo entrega dun exemplar do seu libro O barrio do Carmen de Lugo, Evolución histórica e urbanística, que quedará depositado na biblioteca do Coag.

 

Este venres, e coincidindo coa entrega de equipos de protección fronte ao Covid 19 aos colexiados que o solicitaron na nosa delegación, o noso compañeiro fixo entrega dun exemplar do libro recentemente editado no que estivo traballando resultado da súa tese doutoral, e do que xa coñeciamos algún adianto nos artigos que se publicaron periodicamente nos últimos meses no diario La Voz de Galicia. Recolleu o exemplar a nosa presidenta Carmen Figueiras.

 

O volume está depositado na nosa biblioteca e ao dispor de quen queira consultalo. O traballo de investigación que para a súa tese doutoral ha levado a cabo o arquitecto Ramón Cabarcos Rodríguez reflicte en datos a moi escasa evolución experimentada polo barrio de Ou Carme, tomando como referencia a rúa de igual nome.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario