Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo
05/11/2020 | Noticias
Posibilidade de descarga automática da documentación técnica para tramitacións no Concello de Lugo
En virtude do convenio asinado co Concello de Lugo para a tramitación telemática das licenzas urbanísticas a través da plataforma dixital do COAG, atópase activa a posibilidade de que o Concello descargue automaticamente a documentación técnica visada ou rexistrada no COAG e vinculada á tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas na cidade.
Así, ao igual que sucede no Concello de Vigo, basta que os arquitectos redactores autoricen a descarga e proporcionen ao promotor o código de expediente e traballo(s), para que este o indique na solicitude. A partires dese momento, o Concello poderá descargar a documentación técnica desde o COAG, sendo informados os redactores no momento no que esta descarga se produza.
A autorización da descarga polos arquitectos pode establecerse no COAGEstudio para cada traballo (estructura documental -> pinchar no traballo -> ficha do traballo -> activar a opción “enviar á administración unha vez visado”), ou por defecto para todos os traballos que se tramiten en diante (Administración -> Valores de configuración -> Activar Envío á Administración do Traballo).
Tamén pode facerse esta autorización a través da web do COAG (Panel de servizos -> visado e asesoramento técnico -> consulta web de expedientes -> ficha do traballo -> envío á administración).
Está prevista a activación deste servizo proximamente no Concello de Pontevedra. Así mesmo, en virtude do convenio de interoperabilidade asinado coa Xunta de Galicia, estenderase este mecanismo para a tramitación nos concellos e outras AAPP galegas implicadas.
Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.
Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.