Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

01/09/2020 | Noticias

SUSUPENDIDO DOCUMENTAL “A vivenda: un ben social?”

Chegou o día da presentación da documental, e nos gustaría que te achegaras. Hai sitio para 123 persoas (tempos covid) polo que imos estar con distancia suficiente, son tempos complicados polo que hai que seguir adiante con moito coidado e cautela.

 

A proxección do documental se realizará o vindeiro 1 de setembrono Salón de Actos da Diputación de Lugo as 18:30

 

 

A vivenda: un ben social?” é o primeiro documental galego que reflexiona sobre a situación da vivenda en Galicia, a comunidade que está á cabeza nas estatísticas de vivenda baleira no estado cunha porcentaxe que rolda o 19%. Ditas cifras evidencian o fracaso das políticas tomadas ata o momento para rehabilitar vivenda en cidades e vilas pero tamén as de fixación de poboación no rural. Malia isto, a presión do mercado inmobiliario e os pisos turísticos fan subir os alugueiros, especialmente en cidades como Coruña, Santiago ou Lugo. As e os protagonistas e casuísticas reflectidas nesta peza son varias, desde persoas sen fogar a persoas en risco de exclusión social, familias, okupas ou persoas que poden quedar sen fogar pola especulación do mercado. Por suposto, non falta a ollada de técnicos en diversas disciplinas que aportan unha ollada analítica, social e científica.

Durante o documental vaise debullando a problemática da vivenda en Galicia no contexto do Estado Español e Europa, tanto nas urbes, nas vilas e nas aldeas. Ao mesmo tempo, as características endóxenas ao mercado inmobiliario vanse relacionando coa problemática persoal das testemuñas que contan a súa vivencia. Tamén se interrelaciona coa cuestión das axudas sociais, pois moitas veces a vivenda é un requisito preciso para optar a elas difícil de conseguir. Os fondos voitre, a especulación, o abandono, a compra fronte o alugueiro ou a falta dun parque de vivenda social do Estado son outros dos temas que se abordan.

Do mesmo xeito apórtanse solucións diversas para mellorar o acceso a este dereito. Un dereito que está na parte baixa da pirámide de Maslow, que reflexa a orde das necesidades que temos as persoas. No base estarían as fisiolóxicas pero xusto despois a seguridade física, a moral, a saúde e a familia, cuestións impensables sen un fogar.



Dirección: Sagrario Fernández (traballadora social colexiada)

Montaxe e gravación: Xosé Bocixa

Supervisión: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

Subvención: Deputación da Coruña

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario