Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

29/09/2020 | Convocatorias

Encontro co concelleiro de urbanismo sostible do Concello de Lugo

Encontro co concelleiro de urbanismo sostible do Concello de Lugo


Tras aceptar a invitación da nosa Presidenta da Delegación  de Lugo  Dña. Carmen Figueiras Lorenzo, o Sr. Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, D. Miguel Couto Alonso celebrará un encontro telemático cos/as colexiados/as interesados en participar, que se celebrará o día 29 de setembro a partir das 19:30 horas.

A finalidade deste encontro é ofrecer unha oportunidade a que os/as colexiados/as e as colexiadas interesados/as podan trasladarlle as súas preocupacions, en especial con respecto a asuntos como: á demora nos prazos para facer consultas no servicio de arquitectura e para obter licencias dos seus proxectos.


A intención de ter esta reunión é a búsqueda conxunta de solucións ós problemas que están a manifestar moitos compañeiros e compañeiras. Dende a Xunta Directiva queremos recalcar a importancia que ten esta reunión cara ao futuro en relación a nosa profesión co Concello de Lugo.


Inda que o encontro é telemático, disporase da posibilidade de asistir presencialmente, se ben as prazas presenciais estarán limitadas polas restriccións sanitarias vixentes.

 

Máis información aquí.

 

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario