Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

22/01/2021 | Convocatorias

SUXESTIÓNS DE MELLORAS NAS NORMAS DE HABITABILIDADE DE VIVENDAS DE GALICIA

PROCESO DE APORTACIÓN DE SUXESTIÓNS DE MELLORAS NAS NORMAS DE HABITABILIDADE DE VIVENDAS DE GALICIA, APROBADAS POLO DECRETO 29/2010, DE 4 DE MARZO DE 2010.



A Xunta de Goberno na súa sesión 15/2020 celebrada o 17 de decembro, ao tratar o punto relativo a “Proposta de realizar unha proposta colexial á Xunta de Galicia sobre as posibles melloras nas Normas de Habilitabilida de Vivendas de Galicia, para o cal se abriría un proceso previo para recompilar as aportacións dos colexiados”, adoptou o seguinte ACORDO:



APROBAR A PROPOSTA DE REALIZAR UN DOCUMENTOS COAS SUXESTIÓNS COLEXIAIS Á XUNTA DE GALICIA SOBRE AS POSIBLES MELLORAS NAS NORMAS DE HABILITABILIDA DE VIVENDAS DE GALICIA, PARA O CAL SE ABRIRÍA UN PROCESO PREVIO PARA RECOMPILAR AS APORTACIÓNS DOS COLEXIADOS COAS SEGUINTES CARACTERÍSTICAS:



  • ENCARGAR ÁS XUNTAS DIRECTIVAS QUE XESTIONEN O PROCESO DE APORTACIÓNS DOS COLEXIADOS ADSCRITOS ÁS DELEGACIÓNS CORRESPONDENTES.

  • CADA XUNTA DIRECTIVA ELABORARÁ A SÚA PROPOSTA DE SUXESTIÓNS QUE SERÁN ELEVADAS Á XUNTA DE GOBERNO PARA ELABORAR UNHA PROPOSTA ÚNICA DO COAG QUE SE REMITIRÁ Á XUNTA DE GALICIA.



Conforme ao devandito acordo, emprázase a todos os colexiados interesados, neste caso da delegación de Lugo do COAG, en facer chegar as súas aportacións que o fagan conforme ao seguinte procedemento:



  1. Serán remitidas por correo electrónico ao seguinte enderezo:

    xd.lugo@coag.es

     

    No campo Asunto figurará o texto Suxestións NHV xunto o nome e numero de colexiado.

     

  1. Preferentemente nun arquivo anexo en formato editable.



  1. O prazo para remitir aportacións remata ás 23.59 horas do día 08.02.2021



  1. En caso de querer facer consultas ao respecto deste proceso, poderanse remitir ao correo electrónico que figura no punto 1.



  1. A participación no proceso implica a aceptación das condicións do mesmo e o coñecemento da seguinte Información básica protección de datos:



Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidade: Xestión de aportacións de suxestións sobre as Normas de Habilitabilida de Vivendas de Galicia. Lexitimación: Cumprimento de obrigacións legais / Exercicio de facultades públicas/Consentemento do interesado Destinatarios: Comunicaranse os datos ós destinatarios legalmente previstos e aos encargados de tratamento do COAG Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos legalmente previstos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos no seguinte ENLACE.

Comentarios

Ainda non existen comentarios para esta nova. Crea o primeiro completando o seguinte formulario.

* Todos os comentarios serán moderados antes da súa publicación.

Enviouse o comentario correctamente. Todos os comentarios son moderados antes de ser publicados. Grazas.

Enviar un novo comentario