29/01/2010
A partir do xoves 28 de xaneiro todos os que realizaron o curso de Inspección Técnica de Edificios de Lugo e aqueles que o solicitaron posteriormente poden retirar da Delegación a súa copia do software de asistencia a redacción de informes ITE especialmente editado para a ordenanza do Concello Lugo.
Recórdase os colexiados que cada contrato de licenza do programa inclúe 2 licencias de instalación polo que o programa poderá ser instalado en 2 dous ordenadores diferentes.
Unha vez teña instalado o software no seu ordenador e intente arrancalo por vez primeira apareceralle un cadro de diálogo onde introducir os datos de rexistro (a clave). Deberá poñerse en contacto coa Delegación do COAG a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
ite.lugo@colexiodearquitectos.org
debendo indicar os seguintes datos:
DATOS PERSOAIS
Nome:
Nº de colexiado:
PROGRAMA (aparecen unha vez arrinque o programa xa instalado)
Nº de PC:
Nº de Licencia:
A maior brevidade seralle devolto un mail de resposta indicándolle a clave que debe introducir nos Datos de Rexistro do programa e así este quedará activado.
IMPORTANTE: Cando desexe desinstalar o programa, deberá introducir unha clave de desinstalación que lle será facilitada do mesmo xeito que a de activación. Deberá poñerse en contacto coa Delegación a través da mesma dirección de mail indicando os datos persoais e solicitando a clave para poder desintalar o software e non perder o dereito a unha das 2 licenzas das que dispón cada CD.