Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

17/04/2010 | Noticias

Ciclo sobre “ARQUITECTOS E ARQUITECTURA”

O Club Cultural Valle-Inclán organiza un ciclo sobre “ARQUITECTOS E  ARQUITECTURA” que se desenvolverá na segunda quincena do mes de abril, no salón de actos do Pazo de San Marcos, a partir das 20,00 horas e de acordo co seguinte programa:

  

  Día 19 de abril:

Documental Herzog & de Meuron. En China: Nido de   Pájaros. V.O. alemán, chino, inglés, suizo, subtítulos en castelán (88 minutos).


 

 Día 21 de abril:

Mesa redonda “Arquitectura en Lugo”. Interveñen: Mónica Alonso, artista multimedia; Benxamín Casal Vila, economista e ex presidente do Club Cultural Valle-Inclán;  Xosé Anxo Carreira, arquitecto e Santiago Catalán Tobía, arquitecto. Modera Felipe Arias Vilas, director do Museo de Viladonga. Coloquio.

 

Día 27 de abril:

Documental Lucio Costa Brasilia y La Utopía Moderna


     V.O. portugués, subtítulos en castelán (60 minutos).



Para a realización deste ciclo o Club Cultural Valle-Inclán conta coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia -COAG Lugo- a traves da Fundación Arquia que cede o material audiovisual para as proxeccións seleccionadas e  que recollen tres fitos importantes na historia do mundo da arquitectura.

A entrada será libre e gratuíta.