Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

05/05/2010 | Noticias

O máster interuniversitario en Arquitectura da paisaxe adáptase ao Espazo Europeo de Educación

La voz de galicia.es 5/5/2010

Formar especialistas no deseño, planificación e xestión de contornos naturais e converterse en referente da formación de arquitectos paisaxistas en España é o obxectivo do novo máster oficial en Arquitectura da paisaxe, unha transformación do título propio das universidades de Santiago e da Coruña que se viña impartindo dende hai catro anos e que agora se adapta ao Espazo Europeo de Educación Superior. Neste programa interuniversitario, que promove e financia a Fundación Juana de Vega, participan a Escola Politécnica Superior de Lugo e a Área de Xeografía da Universidade de Santiago, xunto coa Escola Politécnica Superior de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.

O programa deste máster abrangue a planificación, a análise e o deseño da paisaxe en xeral, o uso da vexetación, e todo o que se refire á integración de proxectos de infraestruturas no entorno natural. Ademais, este curso aborda tamén a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto pública como privada, no medio urbano, rural e forestal. Profesores, arquitectos paisaxistas de países como Portugal, Reino Unido ou Escocia, e profesionais do ámbito privado con ampla experiencia en actuacións sobre a paisaxe participarán neste máster, que se impartirá en dous cuadrimestres na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros (A Coruña).

ver noticia completa