Colexio oficial de arquitectos de Galicia - Delegación Lugo

COAGLUGO

21/05/2010 | Noticias

Xornadas sobre a reforma da Lei de ordenación urbanística de Galicia.

2 de xuño de 2010 | Lugo
Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Ronda da Muralla nº 70, planta baixa.

Obxectivos
A recente promulgación de a Ley 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación de a Ley 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que entrou en vigor o 21 de abril do presente ano, fai preciso unha actividade de divulgación das importantes innovacións normativas que introduce. En primeiro lugar, as reformas en materia de aprobación de plans urbanísticos, coas maiores competencias municipais, a simplificación de trámites e o acurtamento dos prazos, o que levará consigo unha maior flexibilidade e axilidade neste ámbito. En segundo lugar, e conforme ás prescricións da normativa comunitaria, o procedemento de avaliación ambiental estratéxica pasa a formar parte do contido dos instrumentos de ordenación
do territorio e do plan urbanístico, que ven reforzados os seus aspectos ambientais. En terceiro lugar dótase dun novo estatuto ao chan rústico e de núcleo rural para os efectos de lograr unha maior eficacia na súa xestión. Por último articúlanse unha serie de medidas que pretenden dotar de maior seguridade xurídica e estabilidade o tráfico inmobiliario, en especial en materia de edificios fóra de ordenación, e de determinadas tipoloxías de edificacións sen licenza.
O pasado día 4 tivo lugar a celebración dunha Xornada sobre a reforma da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia realizada en Santiago de Compostela. Debido ao interese suscitado por esta, a Escola Galega de Administración Pública en colaboración coa Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, consideran oportuno reeditar esta acción formativa, en diversas cidades de Galicia
Destinatarios
Autoridades e funcionarios vinculados co urbanismo, nos ámbitos autonómico e local. Arquitectos, Enxeñeiros, Profesionais do Dereito, e interesados en xeral.
Director
Juan Raposo Arceo. Profesor titular da Universidade da Coruña.


Inscrición

os matriculados  recibirán unha documentación e un certificado acreditativo da asistencia.

09:30 | Recollida de acreditacións e materiais.
10:00 | Inauguración oficial.
Pablo Figueroa Dorrego. Director da EGAP.
10:10 | A Lei 2/2010 de reforma da LOUGA: Un lugar para o encontro.
Román Rodríguez González. Profesor titular de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.
11:30 | Principios e bases da reforma operada pola Lei 2/2010. José Luis Narbón García. Avogado urbanista.
12:30 | Pausa café.
13:00 | Innovacións en materia de planeamento e avaliación ambiental.
Javier Bugallo Thielen. Arquitecto Redactor de Planeamento.
Programación
16:30 | O estatuto xurídico do solo rústico e do solo do núcleo rural tras a
Lei 2/2010.
Juan Raposo Arceo. Profesor titular da Universidade da Coruña.
17:30 | A reposición da legalidade urbanística na Lei 2/2010
Luís Míguez Macho. Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela.
19:30 | Clausura.
María Encarnación Rivas Díaz. Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio
e Urbanismo.

 

Ver DOG nº 94, do 20 de maio de 2010.
Información
http://egap.xunta.es | 981 546 241 / 881 997 014